O círculo cromático é finito pero as variables de saturación e as mesturas de cores e tons poden crear cores case infinitas. Por iso é imposible nomear todas as cores que o forman pero hai algúns máis especiais. Temos cores con nomes e apelidos como o azul mariño o amarelo limón a verde botella ou o vermello Valentino.
100% maxenta 100% amarelo e un 10% de negro esa proporción exacta do vermello que utilizou Valentino Clemente Ludovico Garavani como aceno de identidade. Un mozo Valentino, de apenas 20 anos mentres estudaba en París pasou unhas vacacións en España, unha noite foi convidado ao Gran teatro Liceo de Barcelona onde viu a elegantísimas mulleres vestidas de vermello. Aínda que sempre lle gustaba a cor vermella nese momento decidiu que sería o seu estandarte.
A pesar de que hoxe en día é o aceno de identidade do deseñador no ano 1959 ao seu regreso a Italia presento unha colección co vermello como denominador común e foi un auténtico fracaso. En 1962 reabriu o seu taller na vía Condotti, en Roma e presentou a súa colección Bianca onde todos os modelos viraban ao redor de tons brancos marfil e beis. O éxito da súa colección abriulle portas aos dous lados do Atlántico. Comezou a vestir a importantes mulleres como Gracia de Mónaco ou Audrey Hepburn.
No ano 1968 Jacqueline Kennedy encárgolle 6 modelos, entre eles o seu traxe de noiva para o seu enlace con Aristóteles Onassis. Non foi ata os anos oitenta cando Valentino retomou a cor vermella para as súas coleccións. Pouco a pouco foi engadindo pequenos detalles nas súa coleccións, e no ano 1988 mostrou na sua publicidade a unha muller vestida completamente de vermello.
A revista Vogue, na sua edición británica, escollería para a sua portada de outubro de 1997 unha fotografía de 1994 de Lady Di vestida de vermello polo deseñador para recordala pola sua morte.
Valentino traballou no seu obradoiro case 60 anos, e en 2007 retirouse deixando a marca que leva o seu nome a cargo de Maria Grazia Chiuri e Pierpaolo Piccioli. Despois da marcha de Chiuri a casa Dior, Pierpaolo recolleu a testemuña dos deseños de Valentino, que ofrecen unha muller elegante e sensual.
Muy interesante, una historia maravillosa
ResponderEliminar