A emulsión da cianotipia foi inventada en 1842 por Sir John Herschel e produce impresións en cor azul. A botánica británica Anna Atkins en 1843 publicou unha serie de libros documentando plantas cuxas ilustracións estaban realizadas mediante cianotipia o que lle permitía documentalas sen ter que debuxar. Pola súa serie British Algae, Anna Atkins é considerada como a primeira muller fotógrafa.
Esta técnica de impresión a facemos no noso obradoiro xogando tamén a insolar pantaias serigráficas coa luz natural do sol. Antes de falar do interesantísimo traballo de Anna Atkins comecemos polo principio:Que é a cianotipia?
A cianotipia é un procedemento fotográfico monocromo, que consegue unha copia negativa do orixinal en cor azul. Trátase dun procedemento de contacto onde o tamaño da imaxe é igual ao tamaño do negativo e podemos utilizar obxectos para crear fotogramas.
Os negativos
ideais para esta técnica son aqueles que conteñen unha
ampla variedade tonal desde os brancos ata chegar aos
negros puros. É perfecta para cando hai que
sensibilizar grandes zonas xa que ten moi baixo custo. Na súa composición interveñen dous sales de ferro: o
Citrato Férrico Amoniacal e o Ferricianuro de
Potasio que han de ser expostos aos raios UV para formar a imaxe latente. Despois da exposición aos raios UV lavamos o soporte con auga e queda revelada e fixada a imaxe final.
A importancia do traballo de Anna Atkins:
Mujeres con ciencia. Anna Atkins, la científica que vinculó la botánica y la fotografía.
Anna atkins. Babelia. El País.
No seguinte post veremos traballos do alumnado experimentando con esta técnica sobre diversos soportes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!