A Deputación provincial de Ourense convoca o XVI Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.
1.- A convocatoria realizarase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc)
2.- Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.
3.- A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase utilizar calquera tipo de técnica e material.
4.- Cada concursante poderá participar cun máximo de dúas obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.
5.- As obras axustaranse ás seguintes características:
Escultura: Terá unha altura máxima de 1,80 metros e unha base que non superará o 1x1 metro.
Gravado e outras expresións artísticas: Medidas libres
6.- As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
7.- Establécense os seguintes premios, sen distinción de modalidade:
Terceiro premio.- 1.000 €
Dous accésits de 500 € cada un
As obras que reciban algún dos premios con dotación económica pasarán a formar parte dos fondos artísticos da Deputación Provincial de Ourense.
8.- O prazo de presentación das obras establecerase desde a convocatoria deste certame no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o día 13 de xuño de 2021 (23:59 hora española peninsular). As obras inscribiranse en formato en liña, a través da plataforma www.mundoarti.com
9.- A inscrición será gratuíta para o concursante, quen deberá asumir os gastos de envío e devolución da/ s obra/ s en caso de ser seleccionado.
10.- A Deputación realizará unha exposición (mes de setembro) cunha selección dos traballos presentados e realizará o correspondente catálogo.
11.- O xurado estará integrado por un mínimo de cinco membros relacionados co mundo das artes plásticas que serán designados pola presidencia da institución provincial
12.- Os titulares das obras non premiadas deberán retirar estas unha vez terminada a exposición, cun prazo máximo dun mes. Unha vez superado o mesmo, os organizadores declinan calquera responsabilidade sobre as mesmas.
13.- Os artistas autorizan á Deputación para utilizar as imaxes das súas obras en calquera formato e sen límite de tempo.
14.- A participación neste certame supón a aceptación destas bases e o veredicto do xurado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!