Hoxe remata a 31 edición de Raku segundo Nigrán, que non puidera celebrarse o ano pasado por mor da crise sanitaria provocada pola Covid19, durante os días 24 e 28 de maio desenvólvense estas xornadas nas que participan o alumnado da especialidade de cerámica artística da EMAO e o alumnado da Escola de Cerámica de Nigrán. Xornadas creadas e organizadas desde hai máis de 30 anos polos mestres das respectivas Escolas, Miguel Vázquez e Emilia Guimeráns.
O raku segue evolucionando e Nigrán fai a súa propia
versión, os participantes gozan durante unha semana do traballo compartido e do intercambio de
coñecementos.
A continuación podedes ver algúns deses momentos. Moitas grazas a Mario López que nos enviou estas fotografías.
Unha experiencia máxica, con xente marabillosa e uns mestres incribles. Agardando o seguinte! :) Grazas!!
ResponderEliminarEu non creo en Deus pero desde o día 24 creo no espírito do RAKU. Gracias a Emilia e a Miguel por compartir os seus coñecementos.
ResponderEliminar