Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte Convocatoria de Cursos Monográficos – Escola de Verán EMAO, a realizar entre os días 6 e 17 de xullo de 2026, dirixidos ás persoas interesadas que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.
CURSOS QUE SE CONVOCAN:
“Banco de carpinteiro”
Destinatarios/as: Aberto a todas as persoas interesadas, a partir de 16 anos.
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.
Obxectivos:
- Deseño e construción dun conxunto de xoiaría formado por colgante, pendentes e anel. Elaborado con porcelanas tinguidas e latón, aplicando as técnicas e procedementos das dúas especialidades.
- Aprender e aplicar as técnicas básicas da ourivaría para o traballo en metal.
- Aprender e aplicar as técnicas básicas da cerámica para o traballo con porcelana.
- Coñecementos básicos dos obradoiros, técnicas e procedementos básicos das dúas disciplinas.
- Técnicas de ourivaría que aplicaremos: corte do metal, limado e esmerilado, iniciación á soldadura, unión en frío “remache”, creación de monturas, montaxe e acabados.
- Técnicas de cerámica que aplicaremos: coloración de pastas para obter un mostrario de cores, realización de pequenos moldes de escaiola e traballo con porcelana de colada, que se cocerá a alta temperatura.
“Moedeiros para escalar”
Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade de ARTESANÍA EN COIRO da EMAO. Destinatarios/as: Calquera persoa, sen necesidade de ter coñecementos previos sobre coiro.
Obxectivos:
- Aproximarse ao traballo do Coiro, a partir da realización de pezas pequenas.
- Coñecer diferentes tipos de estruturas de montaxe que permitan o seu escalado para a realización de pezas de maior tamaño.
- Construír pezas empregando diferentes técnicas construtivas propias da marroquinería.
- Familiarizarse coa ferramenta básica dos oficios do coiro.
Achegamento básico ao debuxo aplicado á figura humana: a primeira parte do obradoiro consiste na realización dunha serie de exercicios que axuden ao alumnado a representar a figura humana como recurso de aplicación na obra pictórica posterior.
• Breve radiografía do debuxo e a ilustración, onde a figura humana sexa o motivo principal• Coñecer a morfoloxía do corpo humano e a proporción da figura humana
• Aplicar a medida e o canon na realización de debuxos de figura humana do natural
• Representar un modelo do natural atendendo á proporción e ao movemento con poucos trazos
• Coñecer os materiais e as ténicas básicas de debuxo. Carbón, lapis
• Utilizar as ferramentas de debuxo co fin de ser unha base para a finalización pictórica
Achegamento básico á mancha e á cor na elaboración de pezas pictóricas con motivos de figura humana: a segunda parte do obradoiro consiste na realización dunha serie de exercicios de posado do natural entre o alumnado presente aplicando a proporción a medida á mancha e á cor, nunha sorte de exercicios que finalizarán nun pequeno proxecto.
• Breve radiografía da pintura onde a figura humana sexa o motivo principal
• Coñecer e aplicar a teoría da cor
• Realizar exercicios de mancha/cor utilizando pintura acrílica a partir da interpretación de obras coñecidas
• Realizar exercicios do natural/posados a mancha/cor en tempos relativamente reducidos
• Representar a través da pintura varios motivos humanos de posado do natural como conclusión do obradoiro
“Posa; pintámoste con mancha”
Impartido por Darío A. Basso e Federico Fernández, mestres das especialidades de PINTURA e DEBUXO ARTÍSTICO da EMAO.
Destinatarios/as: calquera persoa interesada.
Programa:
- Achegamento básico ao debuxo aplicado á figura humana: a primeira parte do obradoiro consiste na realización dunha serie de exercicios que axuden ao alumnado a representar a figura humana como recurso de aplicación na obra pictórica posterior.
- Breve radiografía do debuxo e a ilustración, onde a figura humana sexa o motivo principal
- Coñecer a morfoloxía do corpo humano e a proporción da figura humana
- Aplicar a medida e o canon na realización de debuxos de figura humana do natural
- Representar un modelo do natural atendendo á proporción e ao movemento con poucos trazos
- Coñecer os materiais e as ténicas básicas de debuxo. Carbón, lapis
- Utilizar as ferramentas de debuxo co fin de ser unha base para a finalización pictórica
- Achegamento básico á mancha e á cor na elaboración de pezas pictóricas con motivos de figura humana: a segunda parte do obradoiro consiste na realización dunha serie de exercicios de posado do natural entre o alumnado presente aplicando a proporción a medida á mancha e á cor, nunha sorte de exercicios que finalizarán nun pequeno proxecto.• Breve radiografía da pintura onde a figura humana sexa o motivo principal
• Coñecer e aplicar a teoría da cor
• Realizar exercicios de mancha/cor utilizando pintura acrílica a partir da interpretación de obras coñecidas
• Realizar exercicios do natural/posados a mancha/cor en tempos relativamente reducidos
• Representar a través da pintura varios motivos humanos de posado do natural como conclusión do obradoiro
Impartido por Emma Pintos, mestra da especialidade de MODA E CONFECCIÓN da EMAO. Destinatarios/as: Non se necesitan coñecementos previos. Un curso práctico para que o alumnado perda o medo á costura.
Programa:
- Primeiros pasos coa maquina de coser Corte e preparación do tecido
- Confección de pantalón curto con petos
- Confección de kimono.
“Paisaxe, gravado e bordado: diálogos visuais”
Destinatarios/as: Dirixido a estudantes, artistas, docentes e persoas interesadas nas artes visuais e os procesos híbridos entre imaxe e materia.
Obxetivos específicos:
- Introducir técnicas básicas de gravado e bordado aplicadas a soportes diversos
- Investigar a relación entre pegada, repetición, textura e materia
- Experimentar coa combinación de papel, tecido, fío e estampaxe
- Potenciar a capacidade expresiva mediante procesos manuais e contemporáneos
- Favorecer o intercambio de ideas e o traballo colectivo no ámbito das artes visuais.
- A paisaxe como espazo de representación, memoria e experiencia visual.
- Introdución ao gravado contemporáneo e ás técnicas básicas de estampación.
- O bordado como linguaxe artística e ferramenta de intervención visual.
- Referentes históricos e contemporáneos na arte gráfica e téxtil.
- Relación entre pegada, repetición, textura e materia.
- Experimentación con matrices, estampaxe e procesos gráficos manuais.
- Introdución a técnicas básicas de bordado sobre papel e tecido.
- Hibridación entre procedementos gráficos e téxtiles.
- Exploración de soportes, materiais e procesos interdisciplinares.
- Desenvolvemento de proxectos persoais a partir da observación e reinterpretación da paisaxe.
- Procesos de creación contemporánea, investigación visual e diálogo colectivo.
- Presentación e reflexión compartida sobre os traballos realizados.
Alumnado máximo: 12
“Iniciación á construción de palletas”
Impartido por Carlos Corral, mestre da especialidade de CONSTRUCIÓN ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS -CAIM- GAITA da EMAO.
Destinatarios/as: aberto ao público en xeral, que non fixera o curso habitual, e preferentemente gaiteiros.
Programa :
Material a achegar polo alumnado: Navalla e calibre (pe de rei)
Duración dos cursos: 36 horas
Datas: Entre o 6 e o 17 de xullo de 2026. Horario de mañá
Prazas limitadas: Ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica
Preinscrición:
- Rematado ese prazo, e no caso de que existan máis solicitudes ca prazas ofertadas, o día 25 de xuño realizarase un sorteo entre as persoas cuxa solicitude sexa válida conforme ao procedemento que se establece na presente convocatoria. O sorteo ordenará ás persoas solicitantes entre admitidas e en lista de agarda.
- Unha vez finalizados estes procedementos, o 29 de xuño exporase no Taboleiro e na web-EMAO a listaxe definitiva de persoas seleccionadas, clasificadas por cursos.
- A matrícula farase en función do resultado do sorteo. A presenza na listaxe definitiva de persoas seleccionadas significa que a matrícula foi dada de alta para o correspondente curso monográfico.
- Se algunha persoa aparece seleccionada nos dous cursos que poidera solicitar, deberá optar por un deles no prazo de dous días (29 e 30 de xuño) tras a publicación do resultado do sorteo, mediante a súa comunicación á oficina da EMAO. No caso de non facelo, asignaráselle pola EMAO o curso no que estará admitida.
- A inasistencia o primeiro día do curso implicará a baixa automática no curso monográfico, agás causa documentalmente xustificada e limitada só a ese primeiro día, dándose entrada no curso á seguinte persoa da lista de agarda.







Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!