sábado, 28 de novembro de 2020

56. Mondrian y De Stijl. O poder da esencia, Cap.I [PINTURA]

Mondrian and De Stijl é unha extraordinaria exposición organizada polo Museo Reina Sofía e o Stichting Kunstmuseum den Haag que aborda a obra do artista holandés Piet Mondrian, no contexto de De Stijl.

1-Piet Mondrian (1872, Amersfoort - 1944, Nova York) estableceu o rumbo da arte abstracta xeométrica dos Países Baixos e provocou un cambio drástico na cultura visual despois da Primeira Guerra Mundial.

A concepción da beleza de Mondrian, baseada na superficie, a estrutura e a composición da cor e as liñas, conformou un estilo novidoso e innovador que pretendía romper as fronteiras entre disciplinas e superar os límites tradicionais do espazo pictórico.

2-De Stijl (O Estilo): a revista homónima creada polo pintor e crítico Theo van Doesburg foi a plataforma para difundir as ideas deste novo plástico e superar o provincialismo tradicional holandés. O primeiro número saíu en 1917 e, ata 1931, a publicación ofrecía información sobre o desenvolvemento da arte abstracta a nivel internacional.

Piet Mondrian, que naceu quince anos antes que o resto dos membros de De Stijl, foi o patriarca deste movemento.


luns, 23 de novembro de 2020

Unha Peza de Cerámica que Bate Records nas Poxas [BIBLIOTECA]

c. 1978
 

Que a cerámica está de moda é un feito indiscutible. Desde hai uns anos todo o relacionado con este ancestral oficio está en alza, son numerosos os cursos e talleres, chamados workshops, que se ofertan cada ano, recupérase e estúdase con devoción a obra dos grandes ceramistas do século XX como: Lucie Rie, Hans Coper, Bernard Leach ou Shoji Hamada. O traballo destes e outros ceramistas está a alcanzar prezos históricos nas poxas.

En concreto, hoxe subimos a este blogue, unha peza da ceramista Lucie Rie (1902-1995), un cunco de 14 cm de diámetro que alcanzou o pasado mes de xullo un novo récord, cando Phillips New York vendeuno por 225.000 $. Trátase dunha peza realizada nun inusual esmalte terracota mate con bandas de manganeso, finas liñas de turquesa e a sorpresa da porcelana branca visible ao pé e a través de liñas paralelas esgrafiadas.

Outra obra desta mesma ceramista, un cunco de porcelana de patas alargadas cun esmalte branco mate e liñas azuis con incrustaciones concéntricas, alcanzou o prezo de 162.000 dólares en decembro de 2016.


c. 1960

55. Corpos H2O. Cap. III [PINTURA]

Sigo coa serie de corpos H2O, na que intento reflectir unha contemplación da cúpula celeste, identifico unha gota de tinta chinesa cun planeta ou unha estrela.

Intento que a auga sexa a columna vertebral do traballo.


A Imprenta e o Libro no Século XVIII [BIBLIOTECA]

 

O século XVIII tamén é chamado o «século das luces», debido ao nacemento do movemento intelectual coñecido como Ilustración. Denominouse deste xeito pola súa declarada finalidade de disipar as tebras da ignorancia da humanidade mediante as luces do coñecemento e a razón. Un movemento cultural e intelectual que inspirou profundos cambios culturais e sociais, un dos máis importantes foi a Revolución francesa (1789). Paralelamente, xurdiría en Inglaterra a Revolución Industrial. 
Foi un movemento primordialmente europeo especialmente activo en Francia, Inglaterra e Alemaña. Existiu tamén unha importante Ilustración española e hispánica, pero máis científica e humanística que política. As novas ideas da Ilustración reflectíronse nas reformas do Despotismo Ilustrado e no nacemento de novas institucións, como as Reais Academias ou as soadas Sociedades Económicas de Amigos do País, centros habituais de reunión de gran relevancia para o mundo científico e cultural.

O século XVIII é unha época de gran despegue económico e demográfico e estes cambios teñen unha gran implicación cultural. Durante o século increméntase fortemente tanto a edición como o comercio do libro debido a un espectacular aumento da demanda destes por parte de cada vez máis capas da poboación.

 

En contraste coa decadencia da imprenta do século XVII, o século XVIII representa un dos momentos máis brillantes da súa historia. Cambia o estilo e a estética, a pompa e a pesadez do libro barroco cede ante a elegancia e o espírito lixeiro do rococó e o neoclasicismo; renóvase a tipografía con nomes como Grandjean, Didot, Breitkopf, Baskerville o Bodoni; espértase o interese polo libro belo, ricamente ilustrado e pola bibliofilia; e triunfan, decididamente, os libros de pensamento moderno e científico, reducíndose os contidos relixiosos e teolóxicos. 

venres, 20 de novembro de 2020

Capitán Trueno [DEBUXO]

Era casi obrigado despois das anteriores entradas do obradoiro de Debuxo, falar do Capitán Trueno, personaxe mítico da BD española. É quizais, dentro da BD de aventuras o máis recoñecido, valorado, debuxado e adaptado por moitos ilustradores. Ambrós , Beaumont, Buylla, Marco, Tinoco, Angel Pardo, Martínez Osete, Casamitjana, Escandell, Félix Carrión, Rodrigo Rodríguez Comos, Antonio Bernal, Casanovas, Torregosa, Grau, Fuentes Man, Amador García, Jesús Blasco, Jaime Brocal Remohí... Luis Bermejo... Francisco Nájera... e algún máis... e cada un deles aportando algo, unha liña un xesto novo, un trazo diferente. É tal a influencia deste personaxe que incluso ten unha canción adicada que alá polo ano 1979 lle compuxera o grupo Asfalto.

luns, 16 de novembro de 2020

54. Correa Corredoira. Manifesto Urxente. Cap.II. [PINTURA]

Correa Corredoira (A Coruña, 1952 ):
É unha das forzas creativas máis representativas de Galicia dende mediados dos anos setenta ata a actualidade.

Fundador, xunto con outros compañeiros, do colectivo ¨A Galga¨, formou parte do movemento de vangarda ¨Atlántica¨ e da asociación ¨Gruporzán¨. 

Correa Corredoira evoluciona cara a unha figuración pictórica na que o corpo humano e a paisaxe se converterán no seu principal protagonista. un creador libre e independente dunha figuración pictórica que ten os seus piares fundamentais na relación do corpo co espazo ou no dominio da cor.

venres, 13 de novembro de 2020

Día das Librerías 2020 [BIBLIOTECA]

 

Hoxe, 13 de novembro, celébrase o Día das Librerías 2020. Con esta celebración as librerías queren dar as grazas polo apoio recibido os últimos meses e resaltar o importante papel que desempeñan, tanto no sector do libro como na sociedade, co seu arraigamento nos barrios e a creación de comunidades lectoras. 

O ilustrador Ximo Abadía foi o encargado de plasmar neste cartel o ideario da décima edición do Día das Librerías que hoxe se celebra. Trátase dunha imaxe cargada de cor e de simbolismo, cunha librería concibida como un fogar ao redor da que viran multitude de vidas lectoras e na que podemos xogar a descubrir numerosos personaxes e autores da narrativa clásica (Julio Cortázar, Julio Verne ou Herman Melville), da literatura infantil (Gianni Rodari, Roald Dahl, Quino ou Manuel Marsol) e do cómic (Hergé ou Robert Crumb). Con esta imaxe arrinca unha campaña que estará marcada indubidablemente polas circunstancias sanitarias.

O cartel, xunto unha nova páxina web, son dúas dos alicerces dunha campaña que tamén contará cun anuncio publicitario para redes sociais e dúas presentacións especiais.

  • A primeira é sobre Todos tus Libros, a plataforma da pequena e mediana librería que acaba de incorporar o comercio online ás súas prestacións de consulta, difusión cultural e interacción co usuario.
  • A segunda son os principais datos de comercio do libro durante 2020, obtidos a través de Librired, unha das ferramentas de Big Data de CEGAL, que recompila diariamente os datos de vendas en máis de 700 librerías españolas. 

Actividades-Día das Librerías

xoves, 12 de novembro de 2020

Punteiro doble, atopado en Vilagarcía [CAIM GAITA]

Estaba hai uns días tomando un cafe relaxado na casa cando recibo unha chamada de teléfono.

Do outro lado do aparato estaba Carlos Rey Cebral, fundador entre outros do grupo PALLAMALLADA, o caso é que esa inesperada chamada era para informarme de que viña de atopar

luns, 9 de novembro de 2020

Ostras Pedrín [DEBUXO]

 Despois da entrada anterior  firéronme chegar a aula uns cantos BD clásicos españois. Mercedes, alumna do Grupo Superior, trouxo varios exemplares do "Capitán Trueno" dos anos 80 e un que me trae un bo recordo e que me traslada novamente a miña infancia. Recordo a un curmán maior ca min, hoxe ten mais de 60 anos, que continuamente utilizaba unha expresión que me facía moita gracia "ostras Pedrín". Pouco despois o meu curmán me deixou as historietas de onde saía esta expresión, "Roberto Alcázar y Pedrín: el intrépido aventurero español"

sábado, 7 de novembro de 2020

53. Correa Corredoira. Soñar a pintura. Cap. I [PINTURA]

Correa Corredoira (A Coruña, 1952 ):
É unha das forzas creativas máis representativas de Galicia dende mediados dos anos setenta ata a actualidade.

Fundador, xunto con outros compañeiros, do colectivo ¨A Galga¨, formou parte do movemento de vangarda ¨Atlántica¨ e da asociación ¨Gruporzán¨.

Correa Corredoira evoluciona cara a unha figuración pictórica na que o corpo humano e a paisaxe se converterán no seu principal protagonista. Un creador libre e independente dunha figuración pictórica que ten os seus piares fundamentais na relación do corpo co espazo ou no dominio da cor.