Despois da entrada anterior firéronme chegar a aula uns cantos BD clásicos españois. Mercedes, alumna do Grupo Superior, trouxo varios exemplares do "Capitán Trueno" dos anos 80 e un que me trae un bo recordo e que me traslada novamente a miña infancia. Recordo a un curmán maior ca min, hoxe ten mais de 60 anos, que continuamente utilizaba unha expresión que me facía moita gracia "ostras Pedrín". Pouco despois o meu curmán me deixou as historietas de onde saía esta expresión, "Roberto Alcázar y Pedrín: el intrépido aventurero español"
Esta serie de BD comenzou no ano 1940 grazas a Editorial Valenciana, como debuxante Eduardo Vañó e como guionista José Jordán, sendo esta década o momento do seu máximo explendor. Outro dos iconos da década tanto desta editora como da BD española foi" El guerrero del antifaz" un producto de enorme exito que comenzou a publicarse no ano 1944 das mans de Manuel Gago, un dos grandes debuxantes realistas da época. . Editorial Valenciana competía con Bruguera no eido da historieta de aventura xuvenil. Bruguera gañou a loita, fíxose co mercado ca aparición do "Capitán Trueno" no ano 1956. Esto dará para outra entrada, pero hoxe falarei dos que fixeron posible as historietas de "Roberto Alcazar y Pedrín".
As historietas de "Roberto Alcazar y Pedrín" estaban editadas en un característico formato apaisado e nun papel de baixa calidade. É unha das historietas máis lonxevas da BD española xa que estivo 35 anos editándose, ata o ano 1976. Chegados os anos 70 entrará en decadencia xa que mudaran os gustos da xuventude e aparecerán nos quioscos moitas outras ofertas de BD máis atractivas . Os anos 40 quedaran moi lonxe e ca chegada da democracia e posteriormente nos anos 80 esta historieta sería percibida como un produto fascista e propagandístico do réximen "Nacional católico" de Franco. De feito o personaxe de Roberto Alcazar atribuíuselle certo parecido co fundador de "falange española", Jose Antonio Primo de Rivera. Eduardo Vañó sempre negou que esto fora así.
Número 1 da serie |
O escritor Alfóns Cervera lle fixera a Vañó unha entrevista alá polo ano 91 co fin de documentarse para o libro "Unha Historia del tebeo valenciano". Cervera afirmaba que Vañó estaba "especialmente desmoralizado polas interpretacións reaccionarias do seu personaxe". Vañó contaba como un dos primeiros guionistas da serie José Jordán Jover fora ex comandante do Exercito da República e este lle chegou a enviar algúns dos traballos dende o cárcere, onde estivo represariado polo franquismo.
Ao parecer, según apunta Cervera nunha crónica do ano 93,as características físicas de Roberto Alcazar recordaban realmente as do propio Vañó sendo novo. Este conservaba un autorretrato a óleo colgado na súa casa que así o constataba. Vañó morreu desencantado. Cando pechou Editorial valenciana nos 70, non puido rescatar os dereitos de autor do seu mítico personaxe, xa que daquela non había xeito legal de facelo. As condicións dos debuxantes eran moi precarias e os contratos das editoras leoninas. Non existía unha lei de propiedade intelectual.O propio Ibañez case perde os dereitos de Mortadelo e Filemón cando decide deixar Bruguera, pero esto daría tamén para outra entrada.
Vañó recibiu no ano 91 un homenaxe no salón do cómic de Barcelona, ao que nin sequera acudiu. Este autor Valenciano, enmarcado nesta mítica escola de debuxantes, autor de un total de 1219 números de Roberto Alcázar, páxinas que foran reeditadas en numerosas ocasións e traducidas a varios idiomas, morreu no ano 93 desanimado. O seu personaxe foi calificado como fascista e non recibiu mais remuneración que a percibida ao principio, contra entrega dos orixinais.
Así e todo, algúns non tan novos coma min e o meu curmán, as veces, seguimos usando a expresión "ostras Pedrín" como fixera nas súas páxinas este personaxe. Esta é a súa influencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!