xoves, 12 de novembro de 2020

Punteiro doble, atopado en Vilagarcía [CAIM GAITA]

Estaba hai uns días tomando un cafe relaxado na casa cando recibo unha chamada de teléfono.

Do outro lado do aparato estaba Carlos Rey Cebral, fundador entre outros do grupo PALLAMALLADA, o caso é que esa inesperada chamada era para informarme de que viña de atopar

un punteiro moi curioso e interesante. Cando me dixo que era un punteiro doble quedei moi sorprendido, porque non era capaz de imaxinar fisicamente esa peza, e él tampouco é que se explicase moi ben, asi que pedinlle unhas fotos para aclararme a que se estaba referindo, e envioume un pequeno video onde se ve perfectamente porque lle chamou punteiro doble.

Lamentablemente o estado de confinamento perimetral que estamos a sofrir non nos permite achegarnos un ó outro para velo en primeira persoa, pero cando eso poda ser traereino ó obradoiro para que podades velo en directo e comentar que vos parece.

Deixovos o video para que o vexades e se cadra algún de vós viu algunha vez algo parecido.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!