Hoxe, 13 de novembro, celébrase o Día das Librerías 2020. Con esta celebración as librerías queren dar as grazas polo apoio recibido os últimos meses e resaltar o importante papel que desempeñan, tanto no sector do libro como na sociedade, co seu arraigamento nos barrios e a creación de comunidades lectoras.
O ilustrador Ximo Abadía foi o encargado de plasmar neste cartel o ideario da décima edición do Día das Librerías que hoxe se celebra. Trátase dunha imaxe cargada de cor e de simbolismo, cunha librería concibida como un fogar ao redor da que viran multitude de vidas lectoras e na que podemos xogar a descubrir numerosos personaxes e autores da narrativa clásica (Julio Cortázar, Julio Verne ou Herman Melville), da literatura infantil (Gianni Rodari, Roald Dahl, Quino ou Manuel Marsol) e do cómic (Hergé ou Robert Crumb). Con esta imaxe arrinca unha campaña que estará marcada indubidablemente polas circunstancias sanitarias.
O cartel, xunto unha nova páxina web, son dúas dos alicerces dunha campaña que tamén contará cun anuncio publicitario para redes sociais e dúas presentacións especiais.
- A primeira é sobre Todos tus Libros, a plataforma da pequena e mediana librería que acaba de incorporar o comercio online ás súas prestacións de consulta, difusión cultural e interacción co usuario.
- A segunda son os principais datos de comercio do libro durante 2020, obtidos a través de Librired, unha das ferramentas de Big Data de CEGAL, que recompila diariamente os datos de vendas en máis de 700 librerías españolas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!