luns, 23 de novembro de 2020

Unha Peza de Cerámica que Bate Records nas Poxas [BIBLIOTECA]

c. 1978
 

Que a cerámica está de moda é un feito indiscutible. Desde hai uns anos todo o relacionado con este ancestral oficio está en alza, son numerosos os cursos e talleres, chamados workshops, que se ofertan cada ano, recupérase e estúdase con devoción a obra dos grandes ceramistas do século XX como: Lucie Rie, Hans Coper, Bernard Leach ou Shoji Hamada. O traballo destes e outros ceramistas está a alcanzar prezos históricos nas poxas.

En concreto, hoxe subimos a este blogue, unha peza da ceramista Lucie Rie (1902-1995), un cunco de 14 cm de diámetro que alcanzou o pasado mes de xullo un novo récord, cando Phillips New York vendeuno por 225.000 $. Trátase dunha peza realizada nun inusual esmalte terracota mate con bandas de manganeso, finas liñas de turquesa e a sorpresa da porcelana branca visible ao pé e a través de liñas paralelas esgrafiadas.

Outra obra desta mesma ceramista, un cunco de porcelana de patas alargadas cun esmalte branco mate e liñas azuis con incrustaciones concéntricas, alcanzou o prezo de 162.000 dólares en decembro de 2016.


c. 1960

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!