Era casi obrigado despois das anteriores entradas do obradoiro de Debuxo, falar do Capitán Trueno, personaxe mítico da BD española. É quizais, dentro da BD de aventuras o máis recoñecido, valorado, debuxado e adaptado por moitos ilustradores. Ambrós , Beaumont, Buylla, Marco, Tinoco, Angel Pardo, Martínez Osete, Casamitjana, Escandell, Félix Carrión, Rodrigo Rodríguez Comos, Antonio Bernal, Casanovas, Torregosa, Grau, Fuentes Man, Amador García, Jesús Blasco, Jaime Brocal Remohí... Luis Bermejo... Francisco Nájera... e algún máis... e cada un deles aportando algo, unha liña un xesto novo, un trazo diferente. É tal a influencia deste personaxe que incluso ten unha canción adicada que alá polo ano 1979 lle compuxera o grupo Asfalto.
Tódolos anos procuro baixar a Madrid uns cantos días, a poder ser na Semana Santa, co fin de enchouparme de exposicións, concertos, librerías, museos e tendas de discos. No ano 2016 nunha desas escapadas culturais a Madrid atopeime cunha exposición do Capitán Trueno no Círculo de Belas Artes.
Alá fun eu só. Os meus acompañantes, as veces non me seguen o ritmo, daquela optan por deixarme o meu espazo de regocixo nas miñas frikadas. A exposición facía un percorrido a través da historia do personaxe cunha chea de viñetas orixináis dos diversos debuxantes, primeiras edicións e material inédito, todo elo aportado ou seleccionado pola "Asociación de amigos do Capitán Trueno". De todo ese material exposto disfrutei moitísimo cos orixinais e estudos de personaxes de Ambrós..
Estudo de personaxe.: Tagaca.Ambrós
..ver as primeiras edicións publicadas, que para os amantes dos libros, estar diante dunnha desas edicións resulta emocionante, xa que dalgún xeito fas un pequeno viaxe no tempo. A min dame a sensación de que o tempo queda parado por un intre....nese obxeto..
Primeiro número da serie. 1956
...pero foi unha sorpresa atoparme cos orixinais das portadas realizadas en acrílico polo gran Antonio Bernal para "Trueno Color". Estas pezas foran cedidas pola familia do autor sinxelamente....Maravillosas!!!
Portada orixinal de Antonio Bernal..1970
...para Trueno Color
A historia editorial en Bruguera do Capitán Trueno comenza no ano 1956 da man do prolífico guionista Vítor Mora. Mora, nacido no ano 1931, fora un neno exiliado a Francia despois da Guerra Civil. En Francia descobre as aventuras do Príncipe Valiente de Harold Foster. Con once anos, trala morte do seu pai, a familia regresa a Barcelona. Con pretensións de ser debuxante e non guionista entra na editorial Bruguera en 1948. As súas influencias como debuxante son americanas: Milton Caniff, Alex Raymond, Frank Robins. Debuxa e guioniza a historia creada por él, Capitán Kerr, pero será Rafael González, director do departamento de revista da editorial, quen lle suxire que se dedique aos guións. Así nace Capitán Trueno. Víctor Mora sendo guionista e deixando o debuxo como mero disfrute persoal e non profesional.
Capitán Kerr comenza a editarse en 1949
Ambrós era un debuxante con experiencia, que xa pasara por Editorial Valenciana, por Hispano-Americana de Ediciones e pola editora Bergis, pero con escaso éxito . Será ca editorial barcelonesa Grafidea con quen inicia nos anos 40 a serie "El Caballero Fantasma" que logo convertirase no "Jinete Fantasma" a súa gran oportunidade e por decilo dalgún xeito o seu primeiro éxito. Traballa nesta serie durante oito anos. Como debuxante adquirirá confianza, dominio da técnica e soltura.
Número 12 da serie El Jinete Fantasma
Miguel Ambrosio Zaragoza, Ambrós, nacera en 1913 en Albuixet, un pequeno pobo de Valencia. De neno formouse nun centro de Artes e Oficios de ríxidos conceptos académicos e ainda que o debuxo era a súa paixón ao final acabou estudiando maxisterio seguindo as recomendacións dos seus pais. Exerceu de mestre nacional ata o ano 1936. Aos 33 anos, xa tardiamente, decidiu dedicarse enteramente ao debuxo. Foi Víctor Mora quen solicita a Bruguera que sexa Ambrós o debuxante que materialice ao Capitán Trueno. Todo un acerto, a parella funcionou. Posteriormente fixeron tandem no " Corsario de Hierro", outro dos grandes éxitos de Bruguera.
Cartaz de Ambrós para Trueno Color. 1986
Mora admiraba o debuxo de Ambrós xa antes de traballar xuntos. Admiraba a frescura o dinamismo do trazo, a súa simpatía e alegría..e ese debuxo de influencia americana que tanto lle gustaba. Confesaba moitos anos despois que agardaba con impaciencia, unha vez entregado o guion, o traballo rematado de Ambrós e nunca defraudaba, todo o contrario, sempre lle maravillaba comprobar como a proposta melloraba cos debuxos.
El Capitán Trueno 13. "Huracán" 1956
El Capitán Trueno 73, "Alianza Siniestra" 1958
Víctor Mora e Ambrós non eran da mesma xeración pero compartían o mesmo concepto do que debía ser unha historieta. O guión e o debuxo debían complementarse, non solaparse. Non se trataba de traducir en imaxes as ideas das descripcións, os textos e os diálogos. Non se trataba de ilustrar os textos dun xeito puramente descriptivo como por exemplo " El Príncipe Valiente" , que non conta co sostén do bocadillo. A narración do Capitán Trueno, ten grazas a este recurso, máis acción e movemento e mantén a tensión en cada páxina. Segun Ambrós a finalidade da historieta é manter e despertar o interés do lector, non está pensada exclusivamente para crear beleza.
Prince Valiant.1937. Non ten bocadillos
O periodo de máis explendor desta BD será do ano 1956 ata o 1968, cunha tirada regular semanal de 350000 exemplares. Esto obriga aos seus autores a ter que buscar colaboradores tanto para os guions como para os debuxos. Nesta historieta de 1966 o guion é de Federico Amorós. O Capitán Trueno será un superventas que desborda aos seus autores.
Algo terá París, porque tanto Mora como Ambrós toman a decisión a principios dos anos 60 de marchar a París para impulsar as súas carreiras no extranxeiro. Primeiro será Ambrós que decide deixar a serie de Trueno en 1960 para probar fortuna como pintor na cidade da bohemia. Terá escaso éxito e regresará a España no 1964 voltando a Bruguera.
Víctor Mora, que xa traballaba en Bruguera como xefe de redacción, deixa a editorial para irse tamén a París en 1961 a seguir a súa carreira profesional . A Mora iralle mellor que a Ambrós. Colaborará en francés, pensemos que Mora xa tiña un vínculo importante con este país, en revistas de gran renome como a revista Pilote, onde se publicaban clásicos como Asterix, Lucky Luke, Teniente Blueberry..esto proporcionalle prestixio internacional....pero Mora segue colaborando con Bruguera como guionista. Escribirá os guións ata o final da serie nº618, alternando con debuxantes diferentes pero proporcinándolle unidade a colección.
Nese periodo son varios os debuxantes que continúan a saga de Trueno. Por exemplo Tomás Marco que se estrea no nº224 (1961) e que utiliza, como xa fixera Escandell, o método de cabezas fotocopiadas, é dicir que se apropia da mesma faciana debuxada por Ambrós para utilizala en moitas secuencias. Este método o utilizaba o propio Vázquez copiandose a si mesmo.
Diversas fisonomías debuxadas por Ángel Pardo
Pero quizais o debuxante máis destacado deste periodo que continúa ca saga do Capitán Trueno sexa Ángel Pardo. Inicialmente adaptouse ás esixencias da editorial que pedía respeto total ás características principais do personaxe, pero pouco a pouco aporta variacións con respecto ao Trueno de Ambrós, dándolle a súa impronta. Pardo comenza na serie no ano 1959 como colaborador. Será debuxante deste personaxe ata o ano 1969.
A fisonomía do Capitán Trueno de Pardo é mais angulosa e dura que a realizada por Ambrós. É corpulento e enjuto. O de Ambrós é un Capitán sorrinte e afable. Non deixa de sorrir nin nas situacións máis adversas.
Pese a que a editorial fixo un esforzo por impulsar ao personaxe nos anos 70 ca reedición de aventuras anteriores pero a cor, colección denominada "Trueno Color", xa non alcanzaron o éxito da primeira época. Grazas a aportación de tódolos colaboradores que continuaron o legado de Víctor Mora e Ambrós temos unha chea de debuxantes e guionistas que deron unha nova vida ao Capitán Trueno. Xa nos 80, cando Bruguera entra en decadencia pechando en 1986, destacan varias aportacións como a de Jesus Redondo, que debuxa a primeira aventura para Planeta- DeAgostini en 1987 e a Luis Bermejo tamén para Planeta-DeAgostini na colección de "Aventuras Bizarras", na que saen dez números guionizados por Mora. A serie non tivo o éxito esperado e a colección interumpirase bruscamente para decepción dos seguidores.
Capitán Trueno de Luis Bermejo
En 2006, coincidindo co 50 aniversario da primeira edición do Capitán Trueno Ediciones B saca ao mercado " El gran libro del Capitán Trueno", no cal a súa autora Armonía Rodríguez, esposa de Víctor Mora, fai un recorrido moi ameno e cunha visión interna, do que foi a serie. Deste libro e do catálogo da exposición de Madrid collín a maioría da información recollida nesta entrada.
Podería seguir aportando datos, nomes, contar a historia de como Víctor Mora demanda a Bruguera polos dereitos de autor, de como Ambrós queda ao marxe...das proposta de películas que houbo nos anos 70 para levar a gran pantalla ao pesonaxe, da cencura que sufriron os guions e os debuxos en aquela España gris....Capitán Trueno da para moito...pero nada disto sería posible sen a pluma de Mora e o lápis de Ambrós, sen dúvida dous dos xenios da nosa BD......
Sigo sen esquencer aquelas maravillosas portadas de Antonio Bernal que disfrutei na exposición de Madrid. Con elas me despido.
¡Grazas Federico! Moitas horas de disfrute infantil hai detrais do Capitán Trueno. El cubríu de aventuras e soños aqueles anos grises do noso País. Como contrapartida, eran tempos nos que a infancia se construía na rúa, nos espazos abertos, cos igoais libremente, sen parques infantís homologados e con todo o territorio para imaxinarnos ser aqueles bravos aventureiros de papel.
Moi interesantes todas estas entradas da especialidade de debuxo no blogue. Parabéns!!!
ResponderEliminarGrazas MJ xa xes que agora teño a teima da BD clásica española..pero esto é tirar dun fío e non parar.
ResponderEliminar¡Grazas Federico! Moitas horas de disfrute infantil hai detrais do Capitán Trueno. El cubríu de aventuras e soños aqueles anos grises do noso País. Como contrapartida, eran tempos nos que a infancia se construía na rúa, nos espazos abertos, cos igoais libremente, sen parques infantís homologados e con todo o territorio para imaxinarnos ser aqueles bravos aventureiros de papel.
ResponderEliminar