xoves, 29 de xullo de 2021

Doazón da Biblioteca Especializada de Darío A. Basso á Biblioteca García Barbón-EMAO [BIBLIOTECA]

Recentemente recibímos a doazón da biblioteca particular do pintor e mestre de pintura desta Escola, Darío Álvarez Basso. 

Esta biblioteca está formada por numerosos volumes que abarcan dunha forma u outra toda a historia da Arte, desde a Arte Prehistórica ata Arte Contemporánea, inclúe monografías sobre arquitectura e deseño, fotografía, gravado, estética, historia da arte, biografías e catálogos individuales de artistas, catálogos de exposiciones colectivas desde 1980 a 2020. Ademáis de 30 volumes de gran formato que corresponden á edición facsimil de “La Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada” un proxecto realizado co obxectivo de publicar os resultados da investigación coordinada por José Celestino Mutis a finais do século XVIII.



A Biblioteca Pública García Barbón-EMAO ten gran interese en fomentar o enriquecemento do seus fondos (histórico e moderno) a través de doazóns, a condición de que ditas doazóns axústense aos principios contemplados na súa política de xestión das coleccións. As donacións son unha práctica habitual á hora de completar fondos bibliográficos pero tomando en consideración ou tempo que implican os procesos de catalogación, clasificación e preparación física das obras doadas, así como o espazo que ocuparán, é necesario que as doazóns sexan tratadas coas mesmas políticas de selección e adquisición que se aplican ás compras. 
Sempre hai que ter en conta unha serie de criterios: estado de conservación, duplicidade, vixencia de contidos e soportes, a súa relación co fondo existente, etc. Outro criterio non menos importante a ter en conta é o problema de Espazo

Unha vez resolto o imprescindible proceso técnico é o noso desexo que esta biblioteca estea ao dispor dos nosos/as usuarios/as en breve.

A Biblioteca agradece a Darío a doazón deste material bibliográfico e a confianza depositada en nós para a súa custodia e difusión.

“Sempre imaxinei o paraíso como unha especie de biblioteca” dicía Borges.

As razóns para formar unha biblioteca particular  poden ser variadas,  hai quen colecciona só libros sobre unha temática concreta, libros publicados nunha época determinada, obras realizadas por un só autor, ou quen só ten na súa biblioteca primeiras edicións. Desde que nos convertemos en ávidos lectores, as bibliotecas persoais son un elemento indispensable na nosa vida. 
A continuación Darío A. Basso  reflexiona sobre as súas motivacións para formala primeiro e doala despois:

Moitos artistas afirmaron que pintan para sacar á luz imaxes que non viron.
O continuo suceder de pinturas no traballo dun artista, é un coleccionar desas imaxes que non estaban antes connosco e que por necesidade teñen que ser feitas realidade.
A biblioteca dun pintor é outra viaxe pola historia da arte, un compendio de volumes que van marcando os procesos de crecemento e coñecemento a través do estudo de exposicións, museos e coleccións.
Un intento de conxelar os momentos de aprendizaxe, de aglutinar as experiencias do traballo doutros artistas para así atopar derivas ou camiños que nos axuden como bitácora no noso traballo.
Desde 1985 o longo da miña carreira como artista, estiven recompilando catálogos de exposicións significativas e libros de teoría de arte.
Hai un capitulo importante que esta relacionado coa botanica, grazas á colección facsímile de: "A Real Expedición Botánica do l Novo Reino de Granada", de Celestino Mutis, xunto con considerable volumenes sobre a mesma materia, que sirvio como estudo durante unha epoca importante do meu traballo que denomino Equinoctial no que o meu traballo #enfocar na representación da natureza desde un punto de vista fenomenoligico.
Doados á Biblioteca da escola de Artes e Oficios de Vigo, servirá agora para transmitir a quen este interesado esa viaxe pola arte contemporánea dos últimos 40 anos.

Dario Alvarez Basso
Mestre de pintura Escola de Artes e Oficios Vigo
Vigo, 29/7/2021.

Transferibles: serigrafía cerámica [SERIGRAFÍA][CERÁMICA]

 Do 9 ao 22 de xullo realizouse o monográfico "Transferilbles: serigrafía cerámica" entre as especialidades de cerámica e serigrafía artística. Aquí tedes algunhas fotos do proceso:

martes, 20 de xullo de 2021

73. DIN MATAMORO estudante da EMAO coa Mirada Acesa dende os 12 anos [PINTURA]

Matamoro Irago, Eduardo: Din Matamoro (Vigo, 1958).

É un grandísimo pintor, membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes.
Nestes momentos ten unha extraordinaria exposición no MARCO de Vigo (ata o 7 de novembro), co titulo A mirada acesa.

Pois ben… nos arquivos do EMAO (onde se atopa unha parte importante da historia cultural viguesa), consérvase o documento coa matrícula de inscrición do noso artista, que xa con 12 anos (en 1971), estudou debuxo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
¡Algo que nos en orgullece!... sabendo, ademais, que o debuxo, desde o principio da súa carreira, é unha columna clave do seu traballo.

A súa exposición A mirada acesa (que en próximo apuntamento estudaremos con detemento), é unha adoitada demostración de que a pintura é en orixe e fin: LUZ.

Dende aquí convidamos a visitala.

luns, 19 de xullo de 2021

Entrevista a Luis Rioja, da Escola Superior de Arte e Deseño de Burgos [Coiro]

Con motivo do 25 aniversario do Museo do Coiro de Allariz o pasado 2020 había unha morea de actividades programadas para o ano e especialmente para as Xornadas dos Oficios do Coiro, pero chegou o Covid e todo se estragou.

Luis diante de algunha das súas obras.

O pasado 26 de Xuño e no contexto da "Xornada do Coiro" para tentar retomar un pouco a normalidade se realizaron diversas actividades coma un roteiro polas curtidoiras de Allariz, a presentación dun libro sobre o curtido en Galicia (A Industria Galega dos Curtumes, Claudio Otero Eiriz).  Para celebrar esta Xornada se inaugurou a exposición "En cueros" de Luis Rioja que podedes visitar no Museo do Coiro ata o 26 de setembro. Con tal motivo Luis responde ao noso cuestionario; Luis leva case 30 anos ensinando a traballar o coiro na Escola Superior de Arte e Deseño de Burgos.

- Canto tempo levas traballado o coiro? 
- De maneira profesional uns 32 anos, máis ou menos. 

venres, 9 de xullo de 2021

Acceso a cursos superiores da EMAO por convalidación. Vacantes, pre-inscrición e requisitos [ADMINISTRACIÓN]

CURSO 2021-22. ALUMNADO DE NOVO INGRESO: ACCESO A NIVEIS SUPERIORES DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO POR CONVALIDACIÓN

O apartado 3 da convocatoria do curso 2021-22 contempla a posibilidade de acceder directamente aos niveis Medio e Superior de estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo mediante convalidación.

Indícase tamén que, a estes efectos, publicarase a relación de vacantes existentes nos niveis: Medio, Superior, Perfeccionamento I e II e Nivel Avanzado.

En cumprimento do disposto nesa Convocatoria, infórmase no cadro seguinte, as vacantes existentes que cumpran os requisitos esixidos.



3.3.Requisitos dos/as solicitantes 

As persoas solicitantes deberán acreditar, polos medios que se recollen nesta convocatoria, ter a competencia abonda para poder convalidar os coñecementos e aptitudes propios dos niveis Básico e/ou Medio da especialidade dada na EMAO.
Esta acreditación poderá facerse cumprindo un ou varios dos seguintes requisitos: 

  • Estudos previos acreditados da especialidade ou disciplinas afíns convalidables en calquera centro
  • Ter aprobado o curso básico da especialidade no seu día na EMAO sen rematar o restos dos niveis
  • Ter experiencia demostrable no sector correspondente á especialidade
  • Non poderán acceder persoas matriculadas no curso 2021-22 na EMAO
  • No caso de existiren máis solicitudes cá vacantes, terán preferencia, entre os que cumpran as condicións, aquelas persoas empadroadas en Vigo.
  • Para o acceso ao Nivel Avanzado, os/as solicitantes deberán aportar un anteproxecto do traballo que propoñen realizar en réxime de titoría (ver convocatoria nivel Avanzado curso 2020-21 na web municipal).

3.4. Acreditación de cumprimento dos requisitos: 

  • En tódolos casos deberá presentarse un currículum vitae da persoa solicitante, salientando aqueles aspectos que teñan relación coa especialidade.
  • Perfil profesional comprobable en redes sociais, se é o caso, indicando os enderezos de referencia en internet
  • Os estudos previos con certificación do centro no que os cursaron, con indicación dos contidos do programa e horas totais.
  • A experiencia acreditarase con informe do centro de traballo, taller artesano ou estudio na que a exerceran, con indicación do tipo de tarefas realizadas e tempo total.A EMAO poderá realizar, para a admisión definitiva, unha entrevista e/ou proba práctica aos/ás solicitantes.
  • Anteproxecto do traballo proposto cando se queira acceder ao Nivel Avanzado.

3.5. Solicitudes:  

Deberán realizarse por correo electrónico, trala publicación das vacantes a partir do 8 de xullo e ata o 6 de setembro, ao enderezo emao@vigo.org, indicando:

  • Asunto: Solicitude acceso por convalidación
  • Corpo da mensaxe:
  • Especialidade e nivel que se solicita
  • Nome, apelidos e DNI

Incorporaranse como adxuntos arquivos co currículum e copia dos xustificantes dos méritos que, se é o caso, se considere de interese alegar.

xoves, 8 de xullo de 2021

Os da Escola de Artes [OUTRAS NOVAS]

 

Aquí tedes esta fotografía que publica hoxe o Faro de Vigo. A mestra de escultura e talla en madeira, Rosa García, acompañada dun grupo de alumnos/as que este curso remataron os estudos desta especialidade, na entrada da Fundação Serralves (Porto) donde visitaron a exposición de LouiseBourgeois, tamén visitaron no Museu da Misericórdia a exposición Alberto Giacometti - Peter Lindbergh. Capturar o Invisível