CURSO 2021-22. ALUMNADO DE NOVO INGRESO: ACCESO A NIVEIS SUPERIORES DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO POR CONVALIDACIÓN
O apartado 3 da convocatoria do curso 2021-22 contempla a posibilidade de acceder directamente aos niveis Medio e Superior de estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo mediante convalidación.
Indícase tamén que, a estes efectos, publicarase a relación de vacantes existentes nos niveis: Medio, Superior, Perfeccionamento I e II e Nivel Avanzado.
En cumprimento do disposto nesa Convocatoria, infórmase no cadro seguinte, as vacantes existentes que cumpran os requisitos esixidos.
3.3.Requisitos dos/as solicitantes
As persoas solicitantes deberán acreditar, polos medios que se recollen nesta convocatoria, ter a competencia abonda para poder convalidar os coñecementos e aptitudes propios dos niveis Básico e/ou Medio da especialidade dada na EMAO.
Esta acreditación poderá facerse cumprindo un ou varios dos seguintes requisitos:
- Estudos previos acreditados da especialidade ou disciplinas afíns convalidables en calquera centro
- Ter aprobado o curso básico da especialidade no seu día na EMAO sen rematar o restos dos niveis
- Ter experiencia demostrable no sector correspondente á especialidade
- Non poderán acceder persoas matriculadas no curso 2021-22 na EMAO
- No caso de existiren máis solicitudes cá vacantes, terán preferencia, entre os que cumpran as condicións, aquelas persoas empadroadas en Vigo.
- Para o acceso ao Nivel Avanzado, os/as solicitantes deberán aportar un anteproxecto do traballo que propoñen realizar en réxime de titoría (ver convocatoria nivel Avanzado curso 2020-21 na web municipal).
3.4. Acreditación de cumprimento dos requisitos:
- En tódolos casos deberá presentarse un currículum vitae da persoa solicitante, salientando aqueles aspectos que teñan relación coa especialidade.
- Perfil profesional comprobable en redes sociais, se é o caso, indicando os enderezos de referencia en internet
- Os estudos previos con certificación do centro no que os cursaron, con indicación dos contidos do programa e horas totais.
- A experiencia acreditarase con informe do centro de traballo, taller artesano ou estudio na que a exerceran, con indicación do tipo de tarefas realizadas e tempo total.A EMAO poderá realizar, para a admisión definitiva, unha entrevista e/ou proba práctica aos/ás solicitantes.
- Anteproxecto do traballo proposto cando se queira acceder ao Nivel Avanzado.
3.5. Solicitudes:
Deberán realizarse por correo electrónico, trala publicación das vacantes a partir do 8 de xullo e ata o 6 de setembro, ao enderezo emao@vigo.org, indicando:
- Asunto: Solicitude acceso por convalidación
- Corpo da mensaxe:
- Especialidade e nivel que se solicita
- Nome, apelidos e DNI
Incorporaranse como adxuntos arquivos co currículum e copia dos xustificantes dos méritos que, se é o caso, se considere de interese alegar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!