Amosando publicacións coa etiqueta Ourivaría aula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ourivaría aula. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de marzo de 2024

Días Europeos da Artesanía no obradoiro de Ourivaría [OURIVARÍA]

Este ano os Días Europeos da Artesanía celébranse do 2 ao 7 de Abril e están adicados aos nenos, baixo o lema “Dedos pequenos, mans expertas”. Dende a especialidade imos realizar unha actividade para que as nenas e nenos poidan participar, e para iso traballaremos con un termoplástico.

O día 2 de abril o noso obradoiro terá as portas abertas para todos aqueles maiores ou nenos que queiran vir a visitarnos, en horario de 12 a 14 horas e dende as 16 ás 21 horas. 

Esa mesma tarde dende as 16:30 ás 20:30 horas realizaremos a actividade “Constrúo a miña xoia” dirixida a nenas e nenos dende os 2 anos ata os 13 aproximadamente e que terán que vir acompañados de un adulto. 


Exemplo para chaveiro

En que consiste esta actividade??!!!!

Pois imos construír xoias empregando un plástico especial que despois se cocerá reducindo o seu tamaño, intensificando as cores e conseguindo unha consistencia parecida a dun vidro. Para elo debuxaremos sobre el, despois pintaremos con cores e recortaremos facéndolle tamén os buratos para colgala, e logo cócese a baixa temperatura, para finalizar coa montaxe podendo rematar con un colgante, pendentes, chaveiro, broche, etc.

Os nenos non teñen que traer nada, pero se queren poder vir cos seus debuxos para calcar sobre o plástico, pero senón aquí teremos exemplos e modelos para inspirarse, como os que podedes ver a continuación... 

xoves, 20 de xullo de 2023

Monográfico de gravado calcográfico PiN-PRESIÓN [OURIVARíA E SERIGRAFÍA]

No monográfico de gravado calcográfico realizamos planchas á augaforte coas que fixemos estampas en papel e logo transformamos as matrices en broches. A temática elexida para traballar foi a botánica, podedes consultar enlaces á historia das estampas científicas e botánicas ao final desta entrada. Aquí amosamos imaxes dos procesos paso a paso onde traballamos xuntas as especialidades de ourivaría e serigrafía artística:



 

Aprendimos a facer incluso os nosos propios punzóns e buriles:


venres, 29 de xullo de 2022

Así foi o Monográfico de TÉCNICAS DE TORNEADO APLICADAS A OURIVARÍA [CAIM GAITA] [OURIVARÍA]

 Este xullo os obradoiros de CAIM Gaita e Ourivaría 

unímonos para realizar o monográfico de "Técnicas de torneado aplicadas a Ourivaría". 

Pezas feitas por Rubi Frank Soria neste monográfico 


Alumnado traballando no taller de Ourivaría


Este monográfico xurdiu dun exercicio que realizamos na especialidade de ourivaría durante os primeiros meses de curso para aprender a limar e coller soltura cos limatóns.
Este traballo manual pode realizarse en parte de maneira mecanizada empregando o torno, 
así que decidimos que poderíamos aplicar os procedementos que empregan en Gaita e a súa maquinaria para aplicalo aos exercicios propostos. 

Explicación práctica de Carlos Corral ao alumnado deste monográfico


Para complicar un pouco máis a cousa e conseguir unhas pezas atractivas engadimos aos exercicios o engaste en tubo, e o resultado foi excelente, pois en 36 horas que durou o curso, os alumnos a maioría sen coñecementos previos realizaron tres pezas acabadas e como mínimo un engaste. 

O monográfico formulouse da seguinte maneira: 
  • Exercicios obrigatorios para aprender as técnicas básicas
  1. Limado básico de un tramo de 10cm de barra de latón a man practicando diferentes figuras libres.
  2. Limado básico de un tramos de 10cm de barra de latón no torno practicando diferentes figuras libres. 
  3. Construción de un pincho para o cabelo: limado a man e co torno mais engaste en tubo no extremo superior para unha circonita talla brillante de 3mm de diámetro. 
  4. Construción de unha pulseira tipo torque: limado a man en curvo, coa posibilidade de engadir tubo para engastar circonitas talla brillante de 5mm de diámetro ou de 3mm de diámetro. 
  • Exercicio obrigatorio combinando limado a man e co torno, a escoller entre: 
Con estes exercicios o alumno ideou a súa peza partindo do seu deseño propio e aplicando na súa construción as técnicas aprendidas: limado a man, limado co torno, conformado, soldado, esmerilado, pulido e brillado e engastado. 
  1. Deseño e construción de un broche con engaste en tubo
  2. Deseño e construción de un centro de colar con engaste en tubo
Pezas de Mª Aurea Paz


Pezas de Jose Manuel Cerdeira


Pezas de Luis Cerrada 


Pezas de María Crespo

Pezas de Trinidad Vila


Pezas de Iria Lojo

Faltan as imaxes da pezas de Mª Amelia pero xa as engadiremos ;DDD

En Setembro exporemos todos estes traballos na entrada principal da Escola para que os poidades ver de cerca.

E por último dar os nosos parabéns dende o obradoiro de CAIM Gaita e de Ourivaría aos alumnos participantes, polo moito que traballaron en tan pouco tempo e polo marabilloso resultado 
que acadaron ;DDD


E con todo isto FELIZ VERÁN a todos e vémonos ao regreso en Setembro
Grazas por visitarnos ;DDD 

xoves, 9 de xullo de 2020

Presentación Especialidade de Ourivaría [OURIVARÍA]

Neste artigo explicaremos que é e que podedes aprender realizando
a especialidade de Ourivaría na Escola Municipal de Artes e Oficio de Vigo,
para elo imos comezar polo principio ;D

Ourivaría 
é unha palabra que procede do latín "Auri faber" e que se refire
ao artesán do ouro. 


Segundo a Real Academia Galega, ourivaría é a 
"arte de traballar os metais preciosos para facer xoias, obxectos de adorno ou de culto, 
útiles para as casas nobres, etc".

Polo tanto un ourive é o "facedor de obxectos de todo tipo, que manipula o ouro e calquera outro material empregando as mesmas ferramentas e con diversas técnicas" 
como expresa Carles Codina no seu libro “Orfebrería”.

Todas estas definicións podemos completalas dicindo que a
Ourivaría é
unha actividade artística que emprega como materiais de construción os metais preciosos pero tamén outros metais base e tamén distintas materias primas (xemas preciosas, esmaltes, madeira, etc), aplicando no proceso creativo diversas técnicas e procedementos metalúrxicos e creativo-artísticos. 

xoves, 25 de xuño de 2020

O deseño dunha culler [OURIVARÍA]

A Culler,
ese obxecto cotián que ten máis importancia do que a simple vista parece,
símbolo da evolución da sociedade.
É aquel utensilio co que comemos,
pero tamén co que servimos a comida ou damos de comer.
Asociado a unha humilde sopa ou a unha exquisita sobremesa.



A proposta deste artigo é
que pensedes como sería a vosa propia culler, 
o deseño é libre e particular, 
debedes debuxala a tamaño real, para despois poder fabricala no obradoiro, 
 e ten que ser unha culler persoal que vos identifique.

Segundo o Dicionario da Real Academia Galega unha culler é un
"utensilio que consta dun mango longo e unha pa oval no extremo, 
usado para levar á boca líquidos ou substancias pouco consistentes".

venres, 5 de xuño de 2020

Resultados do Exercicio - O ritmo e a acumulación [OURIVARÍA]

Neste artigo vou amosarvos os primeiros resultados do exercicio de ritmo e acumulación, 
a proposta inicial tédela AQUÍ.
O exercicio consistía, a trazos xerais, en construír unha peza volumétrica feita con papel, 
composta de múltiples elementos acumulados cos que formar unha composición
harmoniosa e rítmica. 

Emilia Garabatos - papel

Pois xa temos dous vos exemplos resultado desta aplicación.
A primeira peza é a de Emilia Garabatos.

Esta bela composición de volume, formas e cor, amosa equilibrio e movemento, 
a lixeireza achégana os elementos finos encaracolados
que parten do centro da estrutura, e que a compensan.

domingo, 17 de maio de 2020

Máis colares con materiais reciclados ou cotiáns - VII [OURIVARÍA]

PARTE VII

Xa nos cheraron outros tres colares máis feitos nestes días de confinamento,
e empregando eses materiais que podemos atopar por casa e aos que non lles damos importancia.

Carlos Ardid
preséntanos un orixinal colar feito con follas secas, clips e peche de imperdible,
un conxunto cun belo agrupamento de follas na metade frontal do colar.

Colar de Resistencia de Carlos Ardid

mércores, 13 de maio de 2020

Exercicio - O ritmo e a acumulación [OURIVARÍA]


Esta nova proposta de exercicio é para tódolos grupos,
é un exercicio de deseño, composición e creación con papel,
para o cal imos explorar as posibilidades que nos ofrece a acumulación de elementos e o ritmo visual.

Aneis de prata de Ute Kolar
Ritmo
Cadencia producida polo ordenamento de elementos diferentes, implica unha sucesión ou repetición transmitindo tamén a sensación de movemento.

xoves, 7 de maio de 2020

Máis colares con materiais reciclados ou cotiáns - VI [OURIVARÍA]


PARTE VI

Xa temos algúns colares máis feitos con materiais cotiáns ou de reciclaxe, 
neste caso son pezas de catro alumnas, imos con elas.


Ana Freiría
achéganos a unha bela combinación de cores e volumes.
Formado por unha parte central construída con elementos 
de papel de periódico, plástico e envoltorio de galletas,  
pregados para xerar esos belos volumes. 

mércores, 29 de abril de 2020

Exemplos para a construción dun broche - curso Superior [OURIVARÍA]

Este exercicio é unha proposta para o curso superior.
Sería o seguinte exercicio previsto a comezar a seguir ao do acibeche.
O exercicio cos seus requisitos xa volo enviara, tédelo no voso email.

Simone Giesen

Neste artigo preséntovos algúns exemplos, 
e así ides xa pensando en como queredes construír o voso broche.
Para plasmar esas ideas 
podedes facer o bosquexo debuxado no papel, 
ou construír unha maqueta tridimensional con arame, papel, cartón ou calquera outro material que vos poida servir para materializalo en tres dimensión e a tamaño real.

luns, 27 de abril de 2020

Exercicios de modelado para bosquexos de pezas de forxa - Parte II [OURIVARÍA]

Para comezar este artigo 
quero lembrar que este exercicio é unha proposta para o alumnado de todos os grupos, cuxo
o obxectivo é a creación dunha peza na que se aplicarán as técnicas de forxado, pero para iso comezábamos polo modelado de tres bosquexos tridimensionais, 
aquí podedes ler a proposta inicial .    

 María Hanson

Agora que xa me están a chegar imaxes dalgúns bosquexos modelados, vou explicar o seguinte paso, que será a elaboración do padrón en papel, para despois poder pasalo ao metal e comezar así o procedemento de forxado.

mércores, 22 de abril de 2020

Outros colares con materiais reciclados ou cotiáns - V [OURIVARÍA]

PARTE V
Ola a todas e todos!!!
Aquí temos máis colares feitos neste tempo de confinamento.
Esta proposta ten como obxectivo a experimentación con materiais cotiáns que nos achegan novas posibilidades plásticas, tamén comporta un exercicio de deseño que xera cuestións técnicas como a articulación, a unión ou ensamblaxe, cuestións estéticas e funcionais, etc.

Visto isto,
comezamos con dous colares creados con moito gusto por 
Mercedes Covelo

Colar feito con tiras de coiro de dúas cores, cordón encerado,
e para facer os buratos empregou unha perforadora de papel.

martes, 14 de abril de 2020

Exercicios de modelado para bosquexos de pezas de forxa [OURIVARÍA]


En este artigo quero propor un novo exercicio dirixido a todos os grupos...
O que hai que facer é modelar pequenas pezas que nos servirán de bosquexo ou maqueta para despois materializar unha peza forxada en metal.

Este exercicio serviranos para deseñar un obxeto a partires do modelado para reproducilo posteriormente en metal practicando as técnicas de forxa,
que traballamos ao longo do curso e en tódolos cursos.
Estas son técnicas unidas aos procesos construtivos, a transformación plástica do metal
para xerar volumes.


¿Que é a forxa?

martes, 7 de abril de 2020

Mais colares con materiais reciclados ou cotiáns - IV [OURIVARÍA]

PARTE IV
Xa temos máis colares do alumnado, aquí os tedes ... 


Comezamos polo bonito colar de Isa Varela,
está feito con distintos tecidos, 
sobre unha estrutura de arame de latón, empregando tamén fío e pegamento. 

venres, 27 de marzo de 2020

Exemplos para un anel construído con bispeis e madeira [OURIVARÍA]


O exercicio do que estamos a tratar consiste na construcción de un anel de latón co polo menos unha estrutura con bispeis e no que se incorpora un elemento de madeira que cortamos e traballamos na clase en condicións ordinarias. 
Este é o exercicio que explicáramos e estábamos a comezar a facer no curso básico. 

No curso de Iniciación sería o exercicio a seguir ao da varilla así que para que vos inspiredes e vaiades facendo bosquexos e si queredes preparando as pezas de madeira se tedes algo na casa que podades aproveitar, deixovos aquí algúns exemplos para complementar o exercicio que vos enviei por mail. 

Cristina Zani - latón dourado, madeira e pintura acrílica

O bispel (inglete) é un corte en ángulo (V) que facemos no metal para ao pregar conseguir aristas vivas, unha vez que o pregamos sóldase, e esa unión queda invisible.


mércores, 25 de marzo de 2020

Colar con materiais reciclados ou cotiás e unións con remache - III !!! [OURIVARÍA]

PARTE III
Neste artigo imos tratar en primeiro lugar a creación dun colar feito con plásticos e fío de latón empregando como sistema de unión o remache;
de segundo, a explicación de como se realiza un remache básico;
como terceiro, máis colares feitos polos alumnos aos que agradezo a súa participación e creatividade,
e por último un video sobre o procedemento de remachado.

Continuando coa creación dun colar feito con material de reciclaxe ou cotiá vou aproveitar e abordar as unións en frío de distintos materiais e en concreto o remache.

Partimos dunha proposta inicial  AQUÍ

e as primeiras creacións AQUÍ

Este é o colar que creei, en el empreguei plásticos de distintos envases, que coa axuda da chama dunha vela modelei xerando os distintos volumes



venres, 20 de marzo de 2020

Imos crear un Colar con materiais reciclados ou cotiás - II !!! [OURIVARÍA]

PARTE II
A creación de este colar ainda que podades pensar que non está relacionado co traballo en metal si que é un bo exercicio creativo, resolutivo e de deseño.

Aquí tedes a proposta
https://emaonlinecovid.blogspot.com/2020/03/vamos-crear-un-colar-con-materiais.html

No proceso de creación, o material que empreguedes vai condicionar a obra e hai que resolver cuestións técnicas, creativas e funcionais.

Toda creación de un deseño debe respostar a funcionalidade e a beleza con armonía. 

Os elementos estéticos cós que se crea un deseño son:
  • Forma: esta constitúe a cualidade que define a apariencia externa de un obxeto. 
  • Cor: con ela transmitimos emocións e xeramos composicións cromáticas.
  • Textura: é a pel do obxeto, o recheo de unha superficie e cada material ten a súa coa que nos transmite sensancións (frío, áspero, brillante, ...)
  • Volume: é o espacio que ocupa una superficie tridimensional. 
  • Composición: é o equilibrio visual xerada a través das relacións compositivas entre os distintos elementos de un conxunto. Na composión influe o tamaño, as proporcións, a simetría ou asimetría, o equilibrio, o ritmo, etc. 
Falamos de coherencia formal cando todos estos elementos forman unha unidade armoniosa e equilibrada, 

así que sexa para este exercicio ou para outros, sempre hay que ter en conta a parte da funcionalidade do obxeto estes elementos da creación artística.   

Proceso de Construcción do meu colar con materiais reciclados neste caso envases de plástico,
cando o remate amoso os resultados.

E agora sí ¿Cómo van eses colares?

martes, 17 de marzo de 2020

Imos crear un Colar con materiais reciclados ou cotiás - I !!! [OURIVARÍA]

PARTE I
A proposta dende a Especialidade de Ourivaría que presento a continuación está aberta aos alumnos de Superior, Iniciación, Básico e Avanzado ou a todas aquelas persoas que queirades participar. 


Unha das miñas artistas favoritas é Nora fok, esta artista británica constrúe as súas obras-xoias tecendo filamentos de nailon empregando nada mais que ferramentas básicas e as súas máns, inspirándose na natureza, nos átomos e nas moléculas.