xoves, 7 de maio de 2020

Máis colares con materiais reciclados ou cotiáns - VI [OURIVARÍA]


PARTE VI

Xa temos algúns colares máis feitos con materiais cotiáns ou de reciclaxe, 
neste caso son pezas de catro alumnas, imos con elas.


Ana Freiría
achéganos a unha bela combinación de cores e volumes.
Formado por unha parte central construída con elementos 
de papel de periódico, plástico e envoltorio de galletas,  
pregados para xerar esos belos volumes. 




O corpo do colar está feito con cable telefónico de cobre recuberto de plástico, 
remates de cinta aislante e peche con fío de macramé. 



A seguir podedes ver detalles do colar 
e unha vista con modelo,
precioso traballo.






Os dous colares a seguir son de Pilar Souto, 
no primeiro empregou pasta de modelar caseira (tipo fimo) pintada, 
e o corpo é de cordón asedado con nós franciscanos, 
una bonita e delicada combinación.


no seguinte o corpo foi feito con tea de "arpillera" verde, 
coa que construíu esa estrutura tubular rematada con un cordón entrelazado, 
o colgante central é de pasta de modelar caseira, en forma de flor, 
o conxunto é moi orgánico e vexetal.  




Para rematar temos un colar de Marián del Hierro,
esta tamén é unha equilibrada composición de cores e volume,
o elemento central que da volume esta creado con casullas de seda envoltas en malla,
combinadas con un tecido rosa que as enmarca,
o corpo do colar está feito con cordóns combinados das dúas cores. 


é bonito equilibrio de tres formas e dúas cores ;D

Moitas grazas a estas alumnas pola súa imaxinación 
e implicación, a ourivaría como arte creativa xoga cos mismos elementos
de creación que as demais artes, 
con estes colares aprendemos a conxugar materiais, volumes, formas, cores, textura, etc
seguro que deles sacamos moitas cousas en limpo para despois poder crear con metal. 

Espero que vos guste e vos inspire, 
podedes atopar a proposta inicial no blog! ;D


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!