xoves, 7 de maio de 2020

Novos Libros para a Biblioteca da EMAO. 5 [BIBLIOTECA]


Continuamos coa difusión dos libros adquiridos recentemente pola biblioteca para o seu fondo moderno especializado, e que apenas tivestes ocasión de consultar. Espero que vos gusten

El artesano / Richard Sennett ; traducción de Marco Aurelio Galmarini.-- 8ª ed.-- Barcelona : Anagrama, 2019



Nesta obra o autor destaca o concepto mesmo de actividade artesanal, que abarca, como se exemplifica ao longo do libro, tanto os antigos oficios de oleiro ou soprador de vidros como o do luthier ou o intérprete musical, o cociñeiro, o do equipo de Linux, impulsor de Wikipedia, ou a habilidade dos pais para educar aos seus fillos. Así, a artesanía comprende a «cultura material» e o «coñecemento tácito» como bens de «capital social»: coñecemento e habilidades que se acumulan e se  transmiten a través da interacción social, auténtico saber corporal do que non se ten realmente conciencia. A motivación básica do artesán de lograr un traballo ben feito pola simple satisfacción de conseguilo.

Ilustración botánica : técnicas contemporáneas para dibujar flores y plantas / Helen Birch.-- Barcelona : Gustavo Gili, D.L. 2019 


A arte da ilustración botánica, nado hai séculos para rexistrar e conservar o coñecemento sobre o reino vexetal, está a rexurdir na actualidade con achegas artísticas en grao sumo brillantes. Unha guía esencial de arte botánica na que se atopa un catálogo completo de técnicas e recursos, unha galería incrible de artistas e estilos e unha tentadora fonte de inspiración e creatividade.

Tinta : ideas creativas y técnicas / Bridget Davies.-- Barcelona : Blume, 2019 


Descubramos a tinta. Un conxunto de sinxelas instrucións prácticas e numerosas reproducións de obras realizadas por algúns dos artistas contemporáneos máis destacados nesta técnica. Este libro ten moita información sobre as diferentes técnicas de traballo con tinta e das ideas creativas necesarias para levar as pinturas, ilustracións e creacións caligráficas a un nivel superior. A pintura con tinta e augadas tivo a súa orixe hai máis de dous mil anos na antiga China, onde os literatos practicaban a arte da caligrafía. Mediante o xogo coa tinta, poderá aprender a explorar e a experimentar con diferentes ideas e técnicas.

Contemporary clay and Museum Culture : ceramics in the expanded field / edited by Christie Brown, Julian Stair, Clare Twomey.-- London : Routledge, cop. 2016 


Este libro é unha recompilación de vinte artigos e ensaios escritos por destacados críticos, artistas e profesionais da arte e os museos, mediante os que os editores propoñen unha reflexión sobre as relacións actuais entre a cerámica e a nova cultura «museística»
Cada unha destas lecturas está estruturada case coma se se tratase dun artigo científico, no sentido de que se fai unha proposta, establécese unha tese, desenvólvese e, por último, ofrécese unha conclusión razoada. Os temas son variados, pero todos ao redor da relación da obra cerámica co museo, desde a tradición, estudando a forma en que se adoitaban mostrar estas pezas (que constitúen unha parte moi importante das coleccións de moitos museos), así como a relación que o artista contemporáneo establece cos novos conceptos de museo.


Guía completa de confección y costura : técnicas de costura, consejos prácticos sobre herramientas y equipo e ideas para personalizar prendas / Lorna Knight.-- Barcelona : Blume, 2016


Técnicas a todos os niveis, desde a información básica sobre teas e puntadas ata consellos para conseguir un axuste e un acabado profesionais. Consellos prácticos sobre ferramentas e equipo, cunha sección de resolución de problemas que axudará a corrixir erros. Ideas para personalizar pezas con puntadas decorativas, adornos e exclusivas técnicas de alta costura.
Este libro explica os conceptos básicos e axuda a establecer unha boa base para os principiantes, pero tamén se dirixe aos que xa teñen experiencia en costura: axudaraos a gañar confianza e eficacia. Con imaxes claras que mostran como levan a cabo as diferentes técnicas, este libro constitúe unha guía de costura realmente completa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!