Conzalo no seu Obradoiro |
-¿Como comezaches no Coiro?
-Tendo en conta que temos unha empresa familiar con máis de 120 anos dedicada á fabricación de calzado artesanal, dende ben pequeno sempre ía á fábrica para ver un pouco como traballaban tanto o meu avó como o meu pai.
Recordo que con 17-18 anos pasaba todas as mañás de verán axudando e de paso gañando algo de diñeiro; e unha vez que finalicei os meus estudos, non dubidei en empezar a traballar co coiro e a fabricación de zapatos.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
-Creo que a mellor palabra para describir o coiro é ESPECIAL.
A adaptabilidade á hora de traballar con el, a súa textura, a súa tonalidade, o seu brillo… é algo realmente difícil de describir con palabras; ten unha esencia que ningún outro material pode ofrecerche.
Ferramentas de zapateiro: martelo, semente e pinzas de remontar. |
-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
-Sen dúbida a miña técnica preferida (e á cal lle dedico máis tempo) é o cortado do coiro.
Ter o coiro ben estirado nunha mesa de corte e visualizar cal vai ser o resultado final dependendo de onde cortes as diferentes pezas dun zapato é realmente un traballo bonito e apaixonante.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
-Encantaríame aprender a fabricar cinturóns.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
-Que teña moita paciencia.
O coiro é un material que require moitas horas para coñecelo á perfección.
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
-Si, á parte de traballar habitualmente cunha coitela para realizar o cortado do coiro, as miñas ferramentas favoritas son as pinzas de remontar.
-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
-Sen ningunha dúbida, o meu pai e o meu avó.

https://calzadoslosal.com/
Miguel de Cervantes, 15-17, Monforte de Lemos,
Precioso traballo, encantoume.
ResponderEliminar