luns, 25 de maio de 2020

Proposta da semana I [DEBUXO]

O alumnado dos grupos de Básico e Iniciación realizastes unha serie de traballos destinados a desenvolver as vosas capacidades de observación e de execución técnica tomando como modelo obxectos do natural. Hoxe quero propoñer unha nova proposta co fin de estimular a práctica neses dous eidos.

OBXETO: LIÑA COMBINADO

A serie de obxectos que traballamos utilizando a liña con moitas das súas posibilidades plásticas e gráficas foi o zapato. Posteriormente realizamos un obxecto elixido por vós en lapis mancha. Moitos aínda estades rematando este debuxo, pero os que xa rematastes realizaredes ese mesmo obxecto noutra posición rematado en liña combinada.

Combinado de liña e punto




FASES:


  1. Collo o obxecto o debuxo co método utilizado anteriormente co lapis HB. Borro todo o que queira co fin de facer correccións, pero teño que conseguir un encaixado perfecto.
  2. Ilumino o obxecto co fin de potenciar os volumes coas luces e as sombras. Realizo co lapis un estudo das mesmas.
  3. Comezo o rotulado, primeiro coa liña contorno e o límite das formas. Logo a liña volume concentrándome ben nas direccións a trazar. Finalizo combinando e cruzando as liñas para conseguir os diversos grises. Podo combinar co punto.

 EXEMPLOS DE OBXECTOS

Combinado de liña trama

Combinado no que potencia a liña volume
Combinado de liña e punto cun gran traballo de textura
Combinado de liña textura e trama
Combinado trama

Combinado trama

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!