Hoxe imos facer unha pequena viaxe virtual, que vos aconsello repetir máis adiante cando se poida, pero xa en formato presencial.
Trátase do primeiro museo en Galiza íntegramente dedicado á gaita galega, A Casa da Gaita.
Está situado moi perto da cidade de Pontevedra, en Viascón, concello de Cotobade, e está xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Nel podemos ver unha colección de instrumentos, cedidos por Olimpio Xiráldez, Pablo Díaz, Ricardo Vieites “Caxide”, Emilio Lois e Pablo Carpintero, paneis didácticos, unha colección de fotografías antigas e, como non, unha sección dedicada ó mestre gaiteiro Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón.
Déixovos o enlace para que o visitedes, tamén podedes ver horarios e días de apertura (cando se poida), unha recensión histórica sobre a gaita, e un mapa coa ubicación que vos facilitará a visita.
E aquí o vídeo de presentación do museo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!