Biombo é a primeira edición de Crean, un libro en formato despregable de nove pezas, serigrafado e selado artesanalmente nunha edición limitada e numerada de 350 exemplares. Trátase dun percorrido ilustrado polas distintas figuras retóricas propias da literatura. Biombo está ideado, ilustrado e producido polos responsables de Crean: Mágoz, Miguel Montaner e Miguel Porlan. As fotografías son de Marc Bordons. Nota para o alumnado do curso superior: observade como con dúas tintas podemos conseguir tres cores. Neste post podedes ver imaxes do proceso no taller de Vostok.
Proceso no taller de Vostok:
Espero que vos sirva para o exercicio de tintas superpostas. Xa sabedes que para calquera dúbida serigrafiaemao@gmail.com ou aos grupos de traballo de whatsapp. Ánimo, saúde e moita tinta!
Alumnado da Emao no 2014 analizando o exemplar que teño no obradoiro |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!