venres, 29 de maio de 2020

O rozamento fai o cariño [CAIM Zanfona]

Existen no mundo infinidade de instrumentos que funcionan grazas á fricción dalgún elemento contra outro. Pode tratarse das sedas dun cabalo sobre unhas cordas tensadas, ou esas mesmas cordas sobre a superficie dun disco de madeira. Sexa coma sexa, o concepto rozamento está presente.
Como neste caso,  o chamado "Harmónica de cristal" ou "Hidrocristalófono", que emprega os dedos convenientemente humedecidos para extraer ese abraiante son que nos traslada aos máxicos mundos de J. K Rowling.




Parece ser que foi o político estadounidense Benjamin Franklin o inventor deste trebello, alá polo ano 1762. Que cousas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!