NORMAS
PARA O ACCESO ÁS AULAS PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL POR PARTE
DO ALUMNADO
Co
fin de facilitar a recollida de materiais, ferramentas, pezas e
enseres persoais, a partir do día 27 de maio, e ata o 12 de xuño,
de xeito organizado e ordeado, permítese o acceso do alumnado ás
aulas,
nas
condicións, día
e hora que previamente se lle indique polo seu mestre/a.
Este
acceso realizarase
coas seguinte medidas
de seguridade e hixiene
para dar cumprimento á normativa vixente e evitar aglomeracións
innecesarias que poidan ser xerar algún tipo de situación de risco:
-
O acceso será exclusivamente con cita previa que o alumno/a fará directamente ao mestre/a da súa especialidade; este indicaralle o día e hora para a recollida. Será atendido na aula polo mestre/a.
-
O alumnado terá acceso soamente aós lugares de almacenaxe do seu material.
-
Por vía da regra, empregaranse soamente as escaleiras para acceder á clase agás nos casos de mobilidade reducida ou avanzada idade que poderán empregar o ascensor, sempre de un en un.
-
O/a alumno/a acudirá só/a, con mascarilla axeitada e traerá os elementos necesarios para levar as súas pertenzas (bolsa, caixa...)
-
Limparase as mans antes de entrar na aula cun xel desinfectante instalado a tal feito na porta.
-
No caso de que presente algúns dos síntomas do Covid-19 ou se atope illado/a en corentena, non poderá asistir a facer a recollida.
-
Solicítase a máxima puntualidade; de chegar antes de tempo, a espera realizarase fóra da Escola, gardando a distancia de seguridade.
-
Deberase en todo momento respectar as indicacións realizadas polo persoal da Escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!