luns, 18 de maio de 2020

Open Porfolio FIG Bilbao edición on-line. Xuño 2020 [SERIGRAFÍA]


 Debido á actual situación a organización de Open Portfolio FIG está a traballar nunha nova edición que mantendo a esencia e calidade do certame se adapte ás circunstancias actuais. Por iso, realizarase a primeira convocatoria de Open Portfolio 2020 para gravadores emerxentes de forma virtual a través dunha nova plataforma online creada para este propósito que permitirá mostrar, difundir e comercializar a obra dos artistas participantes. Desta maneira, non se esixirá a presenza física dos participantes. Entre os artistas convocados en xuño, un xurado profesional seleccionará a catro deles para acudir á Feira que terá lugar entre 19 e 22 de novembro en Bilbao. A exposición virtual celebrarase os días 26 e 27 de xuño. O prazo de presentación de propostas finaliza o 8 de xuño. Open Portfolio está dirixido a todos aqueles artistas emerxentes cuxa práctica se centre no campo da estampa e a obra sobre papel ou teñan unha actividade destacada nese ámbito. 
Os candidatos interesados poden enviar os seus dossieres ou expor dúbidas en openportfolio@figbilbao.com.
Máis información en www.figbilbao.com
PUBLICACIÓNS FIG: https:// issuu. com/ figbilbao

Vídeo Open Porfolio 2019:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!