Georges Fouquet
foi un afamado ourive e deseñador de xoias a comezos do século XX.
foi un afamado ourive e deseñador de xoias a comezos do século XX.
Adorno de cabelo. Georges Fouquet. 1905. Ouro, cuncha de tartaruga, esmalte e ópalos. |
Naceu en Francia (1862-1957). O seu pai, Alphonse Fouquet, foi un gran ourive,
e Georges seguiu coa tradición familiar.
e Georges seguiu coa tradición familiar.
Esta historia comeza con Alphonse Fouquet (1828-1911), que comezou a traballar en talleres de ourivaría con 11 anos; á idade de 19 anos tivo a oportunidade de traballar como deseñador de xoias para M. Pinard, era un home talentoso que marcaba a diferenza cos seus compañeiros.
En 1860 abriu o seu propio taller en París, o seu estilo era historicista, creando sobre todo Revivals Renacentistas nas décadas de 1870 e 80. Nas súas obras recorría a personaxes mitolóxicos, ao emprego de camafeos, esmaltes, diamantes e perlas ao gusto da época.
En 1878 exhibiu o seu traballo na Exposición Universal de París e gañou un premio de ouro por pezas descritas como absolutamente perfectas.
En 1891 George Fouquet uniuse ao seu pai no traballo familiar, xa enxergaban novos cambios de estilo, no último terzo de século o movemento Arts and Crafts marcaba as pautas.
En 1860 abriu o seu propio taller en París, o seu estilo era historicista, creando sobre todo Revivals Renacentistas nas décadas de 1870 e 80. Nas súas obras recorría a personaxes mitolóxicos, ao emprego de camafeos, esmaltes, diamantes e perlas ao gusto da época.
En 1878 exhibiu o seu traballo na Exposición Universal de París e gañou un premio de ouro por pezas descritas como absolutamente perfectas.
Brazalete Revival Renacentista de Alphonse Fouquet. Ouro, esmalte, camafeos e perlas. |
En 1891 George Fouquet uniuse ao seu pai no traballo familiar, xa enxergaban novos cambios de estilo, no último terzo de século o movemento Arts and Crafts marcaba as pautas.
Xa Alphonse Fouquet foi un dos primeiros ourives en afirmar que a preciosidade dun colar non dependía única é exclusivamente da cantidade de pedras preciosas empregadas,
e sobre todo da finura do traballo do ourive e da orixinalidade do deseño e do estilo.
En 1895, Georges substituíu ao seu pai á fronte da tenda e do taller, deuse conta do cambio de época que estaba tendo lugar, e cambiou o "estilo clásico" que distinguía e fixera famosa a súa firma
para asimilar este fresco e innovador estilo, o Art Nouveau, co que obtería o maior recoñecemento.
Georges Fouquet e René Lalique serán os dous máximos expoñentes deste novo estilo.
Georges era un apaixonado investigador de novas formas e materiais pouco habituais,
Colgante de G. Fouquet. 1901. Perla Abalon, ouro, perlas e esmalte plique à jour. |
Georges era un apaixonado investigador de novas formas e materiais pouco habituais,
combinaba esmalte con xemas de todas as calidades (diamantes, ópalos, labradoritas...),
marfil, corno, ouro, etc.
As xoias desta época adecuábanse ao gusto da moda feminina desta época.
Predominaban os motivos naturalistas (vexetais, animais, paisaxes, etc.),
liñas sensualmente curvadas, cores suaves e texturas sutís, figuras femininas de "femme fatale"
con efecto látego nos seus cabelos, estilo onírico, fantástico e misterioso,
que busca incansablemente a beleza.
O Art Nouveau rompeu con todo o visto anteriormente definitivamente, era un Novo movemento artístico.
Broche de Capa de G. Fouquet. Prata e ópalos. |
Fouquet en 1898 comezou a crear xoias estilo Art Nouveau e contratou e colaborou con distintos deseñadores célebres para realizar xoias moi impactantes.
Foron importantes as relacións con Charles Desrosiers, Etienne Tourette e Alphonse Mucha,
con este último en particular, pois Mucha deseñou moitas das pezas que gañaron un especial eloxio, ata o punto de gañar a medalla de ouro na Exposición Universal de 1900.
G. Fouquet e Alphonse Mucha. 1900. Adorno de corsé |
Foi Alphonse Mucha tamén o encargado de deseñar o interior e o exterior da nova Boutique da firma Fouquet na Rue Royale, que abriu no 1901 e foi todo un éxito.
Mucha concibiu a tenda como unha obra de arte completa, creando así o ambiente propicio para as xoias de Fouquet. Mucha inspirouse no mundo natural, sentía orgullo dos dous espectaculares pavos reais de deseño brillante que decoran fronte ás vidreiras.
Os deseños de Mucha mantivéronse no lugar ata 1923, pois foron reemprazados
por accesorios máis actualizados.
En 1941 Fouquet entregou todas as pezas do deseñador ao Museo Carnavalet
para a súa custodia, e en 1989 o Museo reconstruiu a boutique que actualmente pode visitarse,
por accesorios máis actualizados.
En 1941 Fouquet entregou todas as pezas do deseñador ao Museo Carnavalet
para a súa custodia, e en 1989 o Museo reconstruiu a boutique que actualmente pode visitarse,
sendo un dos exemplos de deseño decorativo do Art Nouveau.
Interior da boutique Fouquet. Museo Carnavalet. Paris |
Unha das pezas máis importantes de Fouquet é un brazalete de serpe para a actriz de moda naquel momento, Sarah Bernhardt. Este brazalete foi construído en ouro, esmalte, rubís, ópalos e diamantes, e deseñado coa colaboración de A. Mucha.
O brazalete de Sarah Bernhardt é moi orixinal para a época, consta de dúas partes unidas por cadeas, o brazalete de serpe que se enrosca no brazo e o anel de cabeza de serpe enfrontada. |
Outras xoias de estilo modernista de Fouquet
Broche de ouro, perlas, madre perla, esmalte e tourmalina. |
Adorno de cabelo de ouro, esmalte e diamantes |
Broche de ouro, esmalte con forma de flor e abella creado por Georges Fouquet e deseñada por Charles Desrosiers, France, Paris, 1901. |
Broche de ouro, esmalte, lapislázuli, ópalo, perla e diamantes |
Sobre o 1910 a moda estaba en continuo cambio e o estilo Art Nouveau estaba sendo substituído por unha estética máis moderna. As xoias tamén estaban comezando a cambiar adaptándose a roupa e a un novo estilo de vida.
Os colares e os pendentes alongábanse, as cintas para a cabeza eran cada vez máis populares. Georges respondeu con liñas máis xeométricas nos deseños, incluíndo combinacións de ónix, xade, coral, diamantes, esmaltes, ouro e platino.
Irrompeu nha forte influencia de Oriente e de África que influiría
nos motivos decorativos e sobre todo na moda e na xoiaría.
Ornamento de vestido de Georges Fouquet. 1923. Platino, ónix, xade, diamantes e esmalte. |
En 1919 a Georges Fouquet uniuse o seu fillo Jean (1899-1961),
que exibiu as súas primeiras pezas no 1925 con gran éxito e converteuse
nun dos artistas máis innovadores do Art Decó.
Creou xoias audaces e orixinais de liñas fortes, xeométricas, de motivos abstractos e industriais, empregando o branco e negro combinado con algún color primario
co uso mínimo de pedras preciosas agás o diamante, empregando ouro amarelo e ouro branco.
Xoias tipo brazaletes anchos, colgantes asimétricos, aneis cóctel,
en definitiva pezas elegantes e modernas.
Brazalete Jean Fouquet. 1927. Ouro branco, platino, diamantes, esmalte e augamarinas. |
A boutique Fouquet pechou as súas portas en 1936, pero Jean continuou traballando
de maneira independente e en 1952 converteuse en profesor da Ecole Nationale des Artes Decoratifs. En 1961 o Victoria and Albert Museum fixo unha gran exposición e incluíu na súa colección
as pezas de Georges e Jean Fouquet.
Broche de Jean Fouquet |
Pulseira de Jean Fouquet |
Esta familia deixou un legado de creatividade que exemplifica a xoiaría de todas estas décadas
e a transformación e cambios de estilo producidos pola moda e a arte; se vos interesa
podedes encontrar moitas máis obras deles.
podedes encontrar moitas máis obras deles.
Son un gran exemplo da unión do oficio, o deseño e a arte.
Espero que vos guste e vos inspire ;D
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!