xoves, 21 de maio de 2020

Reflexións sobre escultura e arte: (1) JAUME PLENSA [TALLA E ESCULTURA]

Jaume Plensa

"La obra no es necesariamente un material, la obra es una idea"






Para completar a entrada de onte vouvos deixar hoxe neste post esta entrevista a Jaume Plensa nun formato reflexivo para a revista hoyesarte. Non quero parecer pesada nin repetitiva con este tema, pero é que me parece que explica dunha maneira tan sinxela o que eu entendo por arte e por actividade artística que vexo necesario compartilo. 





Jaume, como xa sabedes, é escultor, pero tamén debuxante e gravador, algo moi ligado ao mundo da escultura; moitos escultores producen obra gráfica como xa iremos vendo, obra moi interesante, na maioría dos casos, porque a obra gráfica e o debuxo ten algo que a escultura non ten, que é a inmediatez. A escultura é un proceso lento, como xa coñecedes, e o gravado permite realizar múltiples seriados que nos dan esa axilidade na elaboración mental de ideas.  



Plensa fálanos neste sentido do gravado como diario de traballo, “ un lugar para la experimentación”, para a difusión da obra. Tamén nesta entrevista fala de algo que temos discutido moitas veces na aula, o sentido de artista estanco, o pintor-pintor, o escultor-escultor, etc. Algo co que eu na miña modesta opinión comparto pensamento totalmente con  Plensa. Xa desde que  Duchamp, en 1913, realiza o seu primer ready made, temos que ter claro que a obra de arte é unha idea, unha idea executada dun xeito ou doutro, cun material ou outro distinto, máis elaborada ou menos, pero en definitiva unha idea. Coma di Plensa, "la técnica no es la finalidad de la obra, es solo un medio... un artista tiene varios territorios", e como territorios entendemos lugares de expresión desde diferentes narrativas. 






Podedes estar ou non de acordo, o interesante é que opinedes e xeredes un pequeno debate, creo que para iso están estes vídeos e estes espazos, como cando vos poñemos na aula e compartimos o noso pensamento, dúbidas, experiencias e reflexións. O blog permítenos ese espazo de debate. Animádevos a deixar o voso parecer, desta maneira todos contemplaremos outras perspectivas. 



1 comentario:

  1. "la técnica no es la finalidad de la obra, es solo un medio"
    Comparto esta idea enteramente, si acaso, en mi modesta opinión, solo añadiría, que conocer nuevas técnicas tambien facilita el encontrar la forma más adecuada de expresar nuestra idea, de darle mas plenitud, de descubrirla para compartirla con los demás.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!