luns, 25 de maio de 2020

Anna Vlahos - Tramas e patróns [OURIVARÍA]


Anna Vlahos
é unha artista australiana que vive e traballa actualmente en Grecia.
Esta nova artista formouse en Artes Plásticas e en Deseño e Produción de Xoias no Central TAFE de Fremantle en Australia.

Pendentes Ophir 2012 Anna Vlahos - prata, cobre e pintura

Anna inspírase na natureza para desenvolver as súas creacións,
 sobre todo nos motivos vexetais,
cun estudo previo das formas orgánicas.




Pendentes de prata Oak King 2014 de Anna Vlahos -
Prata, malaquita, azurita e cinabrio.

Dende que vive en Atenas esa inspiración mudou cara a tramas simplificadas
de motivos que decoran a superficie dos obxectos encontrados da Antiga Grecia,
pero tamén nos propios obxectos en si, como as ánforas e xarros cerámicos, os ritóns, etc.
É como a visión dun explorador ante o descubrimento dun obxecto arqueolóxico.

As súas formas son sinxelas, limpas, construídas mediante tramas ou retículas caladas, 
transmiten lixeireza, e nelas podemos diferenciar unha vía máis orgánica e outra máis xeométrica.

Broche Silver Acacia 2016 de Anna Vlahos - prata.

"Los antiguos artesanos desglosaron el mundo natural a su alrededor en patrones y motivos. 
Las joyas y los objetos de arte que crearon salen del suelo como si crecieran allí. 
Usando estas piezas de rompecabezas de patrones, puedo construir una naturaleza propia, dibujando sobre la flora de mis recuerdos y mi hogar, pero construyendo y usando el lenguaje visual de esos artesanos" .                                                   
                                                                                                           Anna Vlahos.

O seu interese tamén se achega á reprodución dos efectos producidos polo paso do tempo,
como a corrosión, a deformación, as coloracións e o envellecemento,
estes efectos naturais e orgánicos inténtaos reflectir nas súas pezas,
aplicando pigmentos, pinturas, pátinas ou deixando as pezas incompletas,
que transmiten a súa obra un acabado especial.

Pendentes Ash Fragment 2014 - Anna Vlahos - prata.

Aneis de Anna Vlahos 

Pendentes de Anna Vlahos

Colar de Anna Vlahos - prata

Colar de Anna Vlahos - prata

Anel de Anna Vlahos - prata e cuarzo afumado
Colección Amphor - Anna Vlahos, prata

Amphor Black 2016 - Anna Vlahos, prata.
Estas pezas polo seu tratamento ata poden lembrar pezas 
tecidas como encaixes.  

Pendentes Chain 2017-2019, Anna Vlahos - prata.
Pulseira Anna Vlahos - prata

Colgantes Geo de Anna Vlahos - latón oxidado e seda.

Pulseira de Anna Vlahos - prata

Pendentes Kachnar 2019 - Anna Vlahos

Broche de Anna Vlahos - latón e pigmentos

Colar de Anna Vlahos - latón e pigmentos

Aquí vos deixo a súa web           Anna Vlahos
o seu antigo blog                        Beautifully Sprued
e a súa conta de                         Instagram Anna Vlahos 

Espero que vos guste e vos inspire esta artista!!!! ;D


2 comentarios:

  1. Que belleza de diseños, natural, simples y algunos con su complejidad y utilizando materiales no tan nobles, pero que da un resultado maravilloso.
    Me encanta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polo comentario,como ti dis a súa obra exemplifica a beleza das cousas simples ;D

      Eliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!