martes, 19 de maio de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 23. SRTA. PEPIS [ENCAIXE DE PALILLOS]

Xogo de nenas... e os nenos? 


Deixovos cunha antiga entrada do blog da escola, (botádelle un ollo): encaixenaemao.blogspot.com nesta entrada unha reflexión sobre a mentalidade e prexuizo que moitxs de vós tedes sobre o que é hoxe en día tecer encaixe. Gracias a xogos (españois) coma este, que reflectiron unha sociedade folklorica, pensamos que facer encaixe e cousa de mulleres que non teñen nada mellor que facer... Gustariame saber que opinades.


Nunha España dos anos 60 e 70 existían xogos tan curiosos coma este. Iso sí... para nenas.

Nunha España gobernada polo ditador Franco dirixíase ás nenas á máis absoluta submisión cara ao xénero masculino; nenas que aprendían a pasar o ferro, a fregar, a cociñar, a maquillarse, perruquería, o "Trico-Tram", ou entre outros a facer encaixe de palillos. Xogos da "Señorita Pepis". Como nola xogou a "Señorita Pepis" e a "sección feminina" daquela España.
Grazas a xogos deste tipo, hoxe achegámonos aos anos 20 do século XXI e aínda se segue pensando que facer encaixe de palillos é cousa de mozas ou de maricóns; e así nos loce o pelo neste século, aquí nesta España nosa, como cantaba Cecilia.


Non é xusto que aínda se teña ese pensamento. Seica un home non pode ser modisto? (tan en boga hoxe en día), un home non pode ser perruqueiro? ... Entón, por que un home non pode tecer ou facer encaixe de palillos?, quizais, exista o machismo á inversa como é o caso da actividade que realizamos.

Nunca vos pasou o seguinte?:

Tí e maís a túa amiga, ides a unha exposición ou un encontro de encaixe de palillos; e de súpeto hai un mozo cunha almofada entre as pernas tecendo.

Vírasche cara á túa amiga e rumoréaslle ao oído: - Miraaaaa, un mozo!.

Tí e maís a túa amiga coma se fose un extraterrestre acercadesvos, miradevos e comentades: - Fixate!, mira que ben o fai.

Se aínda a día de hoxe cremos que un home é un marciano por facer encaixe de palillos é que desde esta aula quédanos moito traballo por facer, e como é así, aínda nos queda moito por facer.

Desde esta aula non queremos ser excluíntes como o foi a " Señoritinga Pepis", debemos entender que todxs aportamos, que todxs temos ideas fantásticas e que ser humano é unha fonte inesgotable de creatividade. Deixemonos de ideas pasadas e trasnochadas que só nos levan ao "pañito" para encima da tele e apostemos sempre pola creatividade sexa do xénero que sexa.

Deixovos con imaxes da historia deste país, o xogo de facer puntilliñas da "Señorita Pepis". Rarezas e pezas historica hoxe en día, na época todo un furor.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!