Morreu Cécile Rol-Tanguy a resistente francesa que liderou a insurrección de París contra o nazismo no 1944. Faleceu tamén Julio Anguita que será recordado polo seu discurso de esquerda pausado e contundente...
JUAN GENOVÉS
....e morreu un grande da nosa arte, un imprescidible da pintura do noso tempo, Juan Genovés, ao que hoxe recordamos.
O ano pasado nun deses fantásticos Imprescindibles da 2 , que recomendo fortemente, fixéronlle un monográfico precioso que é momento de voltar a ver.
IMPRESCINDIBLES: JUAN GENOVÉS
Genovés deixa imaxes icónicas dun momento fundamental da nosa historia recente. Retratou a transición española nun cadro, "El abrazo" (1976), que representa a solidariedade e unidade do país e que hoxe habería que reivindicar.
Acrílico e serigrafía. 151 X 201 cm. Museo Reina Sofia |
A multitude e o individuo en soidade serán o leitmotiv da súa obra cando nos 70 entra en contacto cos movementos de oposición ao réxime franquista... a manifestación, as carreiras ás escapadas dos grises resultan unha crónica perfecta da España convulsa e incerta da época. Un compromiso social e político que non abandonou cos anos e que plasmou nas multitudes de xente que resultan enigmáticas.
Augaforte sobre papel. 1972 |
Grazas Juan Genovés pola túa ilusión, o teu compromiso e a fantástica obra que nos deixas. Canto temos que aprender de ti. Agora máis que nunca ler as túas reflexións, ver a túa pintura os teus debuxos resulta inspirador.
E agardamos retomar as nosas vidas para poder reunirnos nas rúas, fundirnos en apertas e bicarnos novamente, ser coma un dos teus cadros... porque hoxe non se pode.
ENTREVISTA. OCTUBRE 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!