mércores, 27 de maio de 2020

Novos Títulos para a Sección de Novela Gráfica e Álbums Ilustrados. 2 [BIBLIOTECA]


Continuamos cos novos títulos adquiridos para esta sección de novela gráfica, cómics e álbums ilustrados.



Breve historia del cómic / Gerardo Vilches Fuentes.-- Madrid : Nowtilus, 2014  


Breve historia do cómic presenta unha historia do cómic desde as súas orixes no século XIX ata a actualidade, en ton divulgativo e sen presupoñer ningún coñecemento especializado por parte do lector. Repásanse as publicacións, autores e escolas máis importantes dos tres principais mercados do medio (Estados Unidos, Xapón e o franco-belga), ademais de prestar unha especial atención ao cómic español e realizar achegamentos puntuais a outros como o italiano e o arxentino.
O libro percorre os personaxes populares, as grandes aventuras e as series máis importantes do cómic, pero tamén presta especial atención ás historias persoais dos autores, á creación das diferentes editoriais e ao contexto histórico no que xurdiron.


El libro (de los 50 años) de Forges.-- Barcelona : Espasa, 2014


É unha obra antolóxica que reúne unha selección dos mellores debuxos de Antonio Fraguas "Forges". Grazas a este libro podemos profundar nas vidas de Concha e Mariano, saber máis cousas deses náufragos que coñecemos desde hai tantos anos, apreciar aínda máis aos Blasillos e a esas «adorables» velliñas de aldea… Forges é un autor único, comprometido coa cultura e os acontecementos deste mundo tan «enfollonado».


Desmesura : (una historia cotidiana de locura en la ciudad) / Fernando Balius ; Mario Pellejer.-- Barcelona : Bellaterra, 2019


Esta é a historia dun "escoitador" de voces contada en primeira persoa. O relato dun camiño de convivencia coa tolemia e todo o que conleva: tratamentos farmacolóxicos, psicoterapias pouco acertadas, e sobre todo, relacións que salvan na desmesura da psicose.
Ler Desmesura é asomarnos a unha historia de tolemia por momentos crúa, que nos transmite o medo, incomprensión, dor, culpa, rabia, vertixe ou a propia sensación de perderse na tolemia.
Premio Popular Cómic Barcelona 2019 por votación do público.


Los niños del humo / textos de Aitana Castaño ; ilustraciones de Alfonso Zapico.-- Oviedo : Pez de Plata, 2019


Cando os nenos das concas mineiras saían da súa aldea non tiñan que dicir de onde eran. Todo o mundo o sabía. Por que? A súa roupa cheiraba a fume. A fume das locomotoras, das chemineas, dos tubos de escape...
Os nenos de fume é unha memoria sentimental sobre a minería asturiana. Un libro intenso, cru, cargado de tenrura e humor negro, que recolle o duro testemuño do traballo na mina.
Aitana Castaño e Alfonso Zapico, na súa condición de nenos de fume, apostaron todo o que son nestas páxinas que se funden entre a realidade e a ficción. Os seus recordos. A súa terra. A súa historia. A historia dun territorio e un tempo de loita, non só pola dignidade dos mineiros asturianos senón en permanente combate pola liberdade.


Retratos de la violencia : una historia ilustrada del pensamiento radical / prólogo de Henry A. Giraux ; escrita por Brad Evans y Sean Michael Wilson ; ilustrada por Inko... [et al.] ; traducción de Ana Useros.-- Madrid : Akal, 2018


No noso civilizado mundo, a violencia, aínda que moitas veces oculta baixo sutís disfraces, lonxe de desaparecer, segue desempeñando un papel fundamental á hora de conformar as relacións de poder e opresión. Por iso foi e é un dos temas sobre os que pivotou boa parte da filosofía política das últimas décadas.
No presente libro ofrécese unha introdución a algunhas das ideas e episodios máis atractivos da crítica da violencia, da man dos pensadores que reflexionaron sobre ela: Hannah Arendt, Frantz Fanon, Brad Evans, Edward Said, Paulo Freire, Michel Foucault, Susan Sontag, Noam Chomsky, Judith Butler, Giorgio Agamben. En cada caso tómase como punto de partida o comentario dunha das súas principais obras (Os condenados da terra, Hai que cambiar a sociedade, Pedagoxía do oprimido…), para o que se recorreu a escritores/ilustradores de cómic de reputación internacional, que confiren a cada capítulo un estilo distinto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!