Engaste en Garra
O engaste é o sistema de montura polo cal o metal serve para fixar unha xema no seu emprazamento e realzar a xema o mellor posible.
Neste artigo veremos as posibilidades creativas que nos pode dar o engaste en garra.
Ë o sistema máis empregado para as xemas transparentes porque permite que a luz atravese a pedra por moitas partes e non só pola coroa; desta maneira a pedra loce máis luminosa e con máis brillo.

Anel de Maike Browning |
Ë o sistema máis empregado para as xemas transparentes porque permite que a luz atravese a pedra por moitas partes e non só pola coroa; desta maneira a pedra loce máis luminosa e con máis brillo.
En 1886 Charles Lewis Tiffany, fundador de Tiffany & Co, creou unha montura de seis garras especialmente deseñada para realzar a beleza dun diamante, The Tiffany setting, que se converteu no modelo de anel de compromiso e revolucionou os sistemas de engaste.
Na imaxe anterior podedes ver o deseño orixinal de Tiffany,
unha montura en coroa de seis garras na que a pedra asenta e suxeitase na propia garra.
Como se observa no debuxo a pedra levántase sobre o anel
permitindo a entrada de luz tamén pola culata.
permitindo a entrada de luz tamén pola culata.
Os sistemas de garras poden construírse con fío ou con chapa,
hai múltiples opcións e non existen regras estritas,
cada un é libre de facer a montura como queira, co número de garras que precise, co grosor que estime e coa forma que lle guste.
Sempre debemos procurar que a pedra quede protexida, ben suxeita e que a montura favoreza a entrada de luz, o realce da pedra e en liña co deseño.
Aínda que no artigo refírame a xemas ou pedras, estas monturas permiten o engaste doutro tipo de materiais, como cerámica, plástico, etc.
Antes de comezar a construír a montura hai que estudar a pedra para ver como é o seu filetín,
as súas medidas e proporcións, e se ten inclusións ou pequenas roturas que se queiran tapar;
despois construirase a montura e soldarase a peza. Unha vez rematada a peza ao completo, procederase ao engaste cortando o asento se é necesario, empuxando as garras e rematando o acabado do engaste.
Imos analizar algúns exemplos para que vexades a variedade de garras que se poden construír.
Comezamos por monturas feitas con fío tipo canastra.

O normal neste tipo de montura e realizar uns cortes nas patillas para que sexan asento e garra,
pero tamén se pode ver outra opción que é que a pedra asente no anel maior e que a a garra pouse sobre a coroa.
Neste anel de Maria Sais Fluvià a pedra asenta e queda suxeita na propia garra. |
O que vemos nesta montura do colar de Georg Dobler é que a pedra asenta directamente sobre o anel superior da estrutura e as garras pousan na coroa desta pedra para así suxeitala. |
Polo contrario, neste anel de Sifis Stravroulakis podemos ver que se construíu un asento especial soldado entre as garras que forman a estrutura deste anel. |
Outras monturas constrúense con chapa de metal en vez de con fío.
As garras córtanse e límanse na propia estrutura, é o que chamamos garras picadas
As garras córtanse e límanse na propia estrutura, é o que chamamos garras picadas
e un exemplo é o engaste en coroa.
Montura para engaste en coroa con motivo decorativo na base. |
Variante de engaste en coroa |
No caso deste anel infinity, Ryan Nelson pica todo o anel pola parte interior e pola exterior para deixar todas as garra picadas. |
Outros tipos de monturas construídas con chapa
son aquelas nas que se debuxa un padrón proporcionado co tamaño da pedra,
córtanse dúas pezas iguais en metal e encáixanse unha coa outra para formar unha montura en cruz,
como a da imaxe a seguir.
Deste tipo de monturas pódense crear moitas variantes formais. |
Nesta imaxe observamos monturas de fío, monturas de chapa, outras con garras picadas ou con patillas cortadas directamente dun fío groso creando unha montura de catro garras como son as dúas da parte inferior dereita. |
Neste caso combínase unha parte construída con chapa e as patillas que son de fío nas que se cortará o asento e se baixará a garra |
No seguinte video, Blaine Lewis explica como
unha vez construída a montura se cortan os asentos
e modelan as puntas das garras,
neste caso empregando as fresas no micromotor,
e tamén nos dá útiles consellos sobre as ferramentas.
Outro tipo de sistema son as monturas con garras postizas,
aquí as patillas sóldanse sobre a estrutura onde asentará a pedra
como é o caso das seguintes imaxes.
Este é outro exemplo de garras soldadas polo exterior da estrutura principal |
O sistema de garras pode aplicarse a pedras con culata ou sen ela.
Agora vou amosarvos algunha feitas para pedras sen culata,
son monturas máis sinxelas e nas que podemos aplicar infinitas variantes.
Outro valor ao seu favor é que o engaste en garra deixa ver moito máis o material que engasta,
quedando o resultado máis vistoso.

Tres exemplos de monturas construídas en chapa
na que se cortaron directamente as garras
Dous exemplos de monturas tipo tartaruga, feitas con fío.
Estas monturas son moi básicas e moi útiles para pedras ou materiais irregulares.
Exemplos de pezas de artistas,
analizade como son as garras nestas pezas e como crees ti que están feitas.
Daria de Koning |
Burcu Sülek |
Helen Britton |
Julia Vollmann |
aaa
Rike Bartels |
Sabine Hauss |
Karl Fritsch |
OBO studio |
Jess Dare |
Lucia Massel |
Carles Codina |
Susanne Blin |
Como vedes, cada artista creou as garras coa forma que precisou para dar protagonismo ás xemas,
integrando o sistema dentro do deseño xeral da peza.
As posibilidades creativas que nos da o engaste en garra non ten límites.
Este ano o alumnado do nivel Superior xa coñece que a aplicación será feita nun broche
do que xa teñen os requisitos de construción,
nel incorporarán polo menos un engaste en garra.
Este artigo vos servirá para que estudar e analizar estes sistemas,
e determinar cal vos gusta e como o queredes construír, sempre tendo presente o deseño do voso broche.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!