Trátase dunha zanfona á que se lle incorporou unha fileira de tubos sonoros que reciben o ar por medio dun mecanismo de foles que funcionan co mesmo xiro da manivela. Cada tecla abre o paso do ar ao seu respectivo tubo, mesturando os timbres de cada nota. Poden soar xuntos ou por separado, como no caso desta composición. No modo órgano, tal como se aprecia no vídeo, o sistema permite facer acordes, cousa que unha zanfona non pode facer.
Obsérvese a diferente disposición dos tubos sonoros deste outro modelo e a altura da caixa armónica que alberga os foles no seu interior.
O ano pasado vin en Rianxo a Germán Díaz tamen con un trompetista. Escoitar esa zanfona con órgano en directo chama realmente a atención :-O
ResponderEliminarUnha bizarrada boa. Ten que ser moi entretenida de afinar jajaja.
ResponderEliminar