Curso, destinado a estudantes, historiadores da arte e público xeral,
que aborda os cambios nas tendencias e estilo da indumentaria a finais
do século XIX e principios do XX a partir da obra do pintor valenciano.
O curso Sorolla e a moda ten como principal obxectivo analizar a
presenza da moda na obra do artista Joaquín Sorolla, en particular en
relación aos retratos femininos que realizou entre os anos 1890 e 1920, e
en definitiva quere ser unha homenaxe a un dos máis grandes retratistas do século XX.
Os diferentes relatorios permiten recoñecer a Sorolla como un
verdadeiro cronista dos cambios nas tendencias e estilo da indumentaria
do cambio de século.
Esta iniciativa componse de 8 videoconferencias/charlas e diferentes
recursos adicionais que te axudarán a abordar o tema proposto.
Curso gratuíto. Non se necesita inscrición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!