mércores, 20 de maio de 2020

Encaixe de palillos ou a liberdade do confinamento. Cap 24. Baralla Española. (Angela Vicente Lomba) [ENCAIXE DE PALILLOS]

Esta semana decidimos traballar con temas lúdicos de como aprender a realizar encaixe de palillos de forma divertida ou como o propio encaixe pódese converter nun xogo.

A baralla española é un mazo ou conxunto de corenta e oito naipes ou cartas da baralla. Antigamente era moi frecuente a regrada de corenta naipes. Existen versións menos regradas de cincuenta e cinco naipes para poder xogar a outros xogos. Os naipes están divididos en catro "familias" ou "paus". Os paus son "ouros", "copas", "espadas" e "bastos", a cada un dos cales lle corresponde a súa iconografía característica. Cada pau ten doce cartas: nove cartas numeradas do un ao nove, chamadas cartas numéricas, e tres figuras numeradas correlativamente do dez ao doce. Na actualidade, as figuras son a "sota"(co número 10), o "cabaleiro", chamado coloquialmente "cabalo" a pesar de que é un cabaleiro montado (co número 11), e o "rei" (co número 12). Todas as figuras represéntanse de corpo enteiro.


Existen tamén barallas nas que cada pau ten trece cartas. Nestas, as cartas numéricas van do un ao dez, e as figuras do once ao trece.

Moi frecuentemente as cartas numéricas córtanse no número sete, o que dá unha baralla de corenta naipes. Para certos xogos os paus divídense en curtos (ouros e copas) e longos (bastos e espadas). A baralla española de corenta naipes con catro paus e tres figuras está testemuñada polo menos desde 1539 nos Diálogos de Luís Vives, aínda que neste momento as figuras son "cabaleiro", "raíña" e "rei".

Deseño e realización Angela Vicente Lomba, (K) Os reis
Algunhas versións modernas poden incluír dous comodíns, introducidos desde a baralla francesa, o que dá unha baralla de cincuenta naipes. 

A baralla española de cincuenta e cinco naipes é unha versión para poder xogar ao póker, engádense á habitual de corenta e oito naipes catro cartas co número dez, pasando a ser cincuenta e dúas cartas máis tres jokers, fan o total dos cincuenta e cinco naipes, ademais os números de figuras once, doce e trece substitúense por sotas (J), cabalos (Q) e os Reis (K), tamén o número un pasa a ser a letra (A). 

A baralla española utilízase actualmente en España, sur de Francia, en Latinoamérica, Filipinas (onde se denomina "callo")​ e no norte de África. Anteriormente foi usada en Portugal, Italia e en toda Europa Occidental, en paralelo coas barallas locais.

Como é o caso do proxecto que realizou na Escola de Artes e Oficios de Vigo (Emao) a alumna Ángela Vicente Lomba. Esta baralla española é un exemplo de como o encaixe contemporáneo cambia a funcionalidade do propio obxecto, é dicir, que o propio material como neste caso é o fío, convérteo noutro tipo de obxecto que perde esa función de xogo e transfórmao en peza artística. 

Proxectos como este son os que fan que a perspectiva do encaixe de palillos cambie e véxase transformado ou descontextualizado e transforme o propio sentido da propia técnica en si.










Do mesmo xeito que Fournier tivo que deseñar as figuras da baralla e que toda ela formase unha unidade, desde a aula de deseño e encaixe de palillos traballouse neste tema con este proxecto, a unidade de deseño para que toda a baralla tivese un sentido e que non parecese que cada pau é do seu pai e da súa nai. Para iso traballouse a esencia de cada figura e a procura de cor para manter esa unidade da que falamos e que a golpe de vista poidamos identificar moi ben de que figura se trata.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!