mércores, 20 de maio de 2020

Péchés Chapiteaux [SERIGRAFÍA]

Péchés Chapiteaux – pop up
Autores: Icinori e Jean Lecointre.
Este libro pop up está feito en serigrafía artesanal a 7 cores. Formato: 39 x 32 cm. 100 exemplares. Esta edición limitada produciuse no marco da exposición "Péchés Chapiteaux" proposta con Jean Lecointre e programada en 2013 pola galería Lavignes Bastille Arts Factory.
Jean Lecointre é un ilustrador recoñecido na escena gráfica contemporánea, sobre todo polos seus collages, e Icinori é unha pequena editorial que traballa proxectos de ilustración con coidados métodos de gravado artesanais.






As seguintes imaxes son da exposición "Péchés Chapiteaux" na  galería Lavignes Bastille Arts Factory, onde se amosaba o libro e as ilustracións de Jean Lecointre:



























Estamos a recibir varios exercicios da proposta de collage, son xeniais! Animádevos a participar, así sairán publicados no blog todos xuntos. Esta proposta está aberta a quen desexe participar!
Inspiración: Tomas Allen
Inspiración: Milicia Gráfica

 E aquí algún traballo de Jean Lecointre onde utiliza o collage para traballos editoriais e publicitarios:

 Ánimo, saúde e moita tinta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!