martes, 24 de marzo de 2020

Collage [SERIGRAFÍA]

Na aula xa traballamos os temas de comunicación visual, percepción e lectura de imaxes, pero podemos aproveitar estes días na casa para traballalos de novo a través do collage. Seguro que atopamos pola casa revistas, periódicos, papeles e probas de taller de serigrafías e grabados que non nos saíron de todo ben pero que podemos aproveitar para que adquiran outro significado. 

Aquí algúns exemplos de plisferrer:


 Collages de Mohanad Shuraideh:

 
Collages de Rhed Fawell: 





Propoño este exercicio aberto a todos os que queirades participar, podedes enviar as imaxes a serigrafiaemao@gmail.com ou  podedes usar os grupos de traballo de wasap do alumnado e logo os publicaremos neste blog.  Animádevos tamén a realizar as propostas dos compañeiros das outras especialidades da Emao, enchamos entre todos o blog !.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!