A crise do coronavirus e a necesidade de quedarnos na casa pode ser unha oportunidade para “visitar” algunhas bibliotecas, coñecer os seus fondos e que servizos nos ofrecen. Refírome ás bibliotecas dixitais que nos facilitan o acceso a miles de libros e documentos gratuítos para axudarnos a soportar os días de corentena.
No Manifesto IFLA/UNESCO sobre as Bibliotecas Dixitais do ano 2010 definíase a estas do seguinte modo:
No Manifesto IFLA/UNESCO sobre as Bibliotecas Dixitais do ano 2010 definíase a estas do seguinte modo:
“Unha biblioteca dixital é unha colección en liña de obxectos dixitais de boa calidade, creados, recompilados e administrados de conformidade con principios aceptados no plano internacional para a creación de coleccións, e que se poñen ao dispor de maneira coherente e perdurable e co respaldo dos servizos necesarios para que os usuarios poidan atopar e usar eses recursos”.
Hai unha gran variedade de bibliotecas dixitais ao redor do mundo. Hoxe gustaríame mencionar algunhas accesibles en castelán e nas demais linguas españolas.
Europeana
Europeana
É a biblioteca dixital europea, de acceso libre, que reúne contribucións
xa dixitalizadas de recoñecidas institucións culturais dos 28 Estados
membros da Unión Europea. Os seus fondos inclúen libros, películas,
pinturas, xornais, arquivos sonoros, mapas, manuscritos e outros
arquivos.
Hispana
É o portal de acceso ao patrimonio dixital e o agregador nacional de contidos a Europeana. Reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois.
É o portal de acceso ao patrimonio dixital e o agregador nacional de contidos a Europeana. Reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois.
Proporciona acceso ao contido de todos os catálogos e arquivos do CSIC,
ao repositorio institucional dixital, aos recursos de acceso gratuíto
(bases de datos, artigos de revistas, libros electrónicos) e ao resto de
fondos subscritos polo CSIC. Ao redor de 100 millóns de referencias,
parte delas a texto completo.
É a biblioteca dixital da Biblioteca Nacional de España. Proporciona
acceso libre e gratuíto a miles de documentos dixitalizados, entre os
que se contan libros impresos entre os séculos XV e XIX,
manuscritos, debuxos, gravados, folletos, carteis, fotografías, mapas,
atlas, partituras, prensa histórica e gravacións sonoras.
Este espazo é resultado da colaboración do Ministerio de Cultura, as
Comunidades Autónomas e outras institucións na que se ofrece aos
cidadáns un extenso, variado e crecente repertorio de prensa histórica e
revistas culturais en linguas españolas.
É unha biblioteca dixital na que se ofrece aos cidadáns unha valiosa e
crecente colección de reproducións facsímiles dixitais de manuscritos,
libros impresos, fotografías históricas, materiais cartográficos,
partituras e demais materiais que se conservan en institucións da
memoria (arquivos, biblioteca e museos) e forman parte do Patrimonio
Bibliográfico Español.
É unha ferramenta para a aprendizaxe das humanidades e ofrece unha gran
variedade de contidos e recursos educativos dirixidos á comunidade
universitaria e escolar. Ten como obxectivo principal a difusión da
cultura hispánica.
As diferentes Autonomías contan con bibliotecas dixitais para consultar,
ler ou descargar diferentes tipos de material audiovisual ou de texto.
É a biblioteca dixital de Galicia. Ten como obxectivo a dixitalización
dos fondos bibliográficos máis relevantes para Galicia. A súa finalidade
é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a
interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización
existentes hoxe en día (Hispana e Europeana).
OTRAS BIBLIOTECAS DIXITAIS :
Grazas MJ ten todo unha pinta estupenda, interesame especialmente o da prensa histórica...ao final vai faltar tempo.
ResponderEliminarOxalá!!! Iso significaría que todo volve á normalidade.
ResponderEliminar