venres, 27 de marzo de 2020

Lola Anglada [DEBUXO]

¿Quen foi Lola Anglada? Pois unha muller adiantada ao seu tempo e unha desas mulleres esquecidas, coma noutros casos, pola historia. Lola pode considerarse a primeira ilustradora profesional deste país, profesando ademais un profundo sentimento catalanista, un activismo social  comprometido e colaborando cos ideais republicanos, causa pola que tras a guerra civil será represaliada e quedará relegada ao ostracismo durante moitas décadas. 



Naceu en Barcelona no ano 1896 no seo dunha familia acomodada. Cultiva xa dende nova unha afección polas artes, o debuxo a ilustración e a literatura. Establecerá amizade con Joán Miró o que coñecerá na academia de debuxo de Francesc dÁ Galí. En 1925 funda a súa propia revista La Nuri e en 1927 ilustrará Alicia no país das maravillas, a súa obra máis coñecida. No ano 1929 de volta de París, becada a estudar nesta cidade polo goberno francés, escribe e ilustra Margarida


ALICIA
Son moitos os grandes ilustradores e ilustradoras que se teñen enfrentado co texto de "Alicia no país das marabillas" de Lewis Carrol, o primeiro e máis icónico foi o xenial John Tenniel en 1865, pero moitos deixaron unha pegada na historia da ilustración coas imaxes realizadas para este texto:

PETERNEWELL (1901)
CHARLESROBINSON (1907)
ARTHURRACKHAM (1907)
MARGARETTARRANT (1916)

LOLA ANGLADA (1927)
Lola Anglada foi a primeira artista española en ilustrar Alicia no país das marabillas e esa é unha das súas pegadas na historia...
O seu traballo é delicioso, fermoso, son imaxes que namoran. Trátase dunha visión mediterránea de Alicia, que estaba dominada por ilustradores anglosaxóns. A diferencia das anteriores é unha Alicia morena como Alicia Pleasance, a nena na que se inspirou Carroll e que el mesmo fotografou.
Alicia Pleasance
A primeira edición en castelán desta Alicia mediterránea é de 1927 e a traducción corresponde a Juan Gutiérrez Gili. Penso que é un libro imprescindible e, coas ilustracións de Anglada, unha verdadeira obra mestra. Moitas grazas, Lola, pola túa aportación.






DOSSIER LOLA ANGLADA
TRABALLOS LOLA

6 comentarios:

  1. Fantástica a obra de Lola Anglada.
    En relación coas mulleres ilustradoras sería moi interesante poder visitar, esperemos máis pronto que tarde, a exposición "Dibuxantas. Pioneiras da Ilustración" no Museo de Pontevedra.
    A mostra é un proxecto do Museo ABC que puido itinerar a Galicia grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.
    Dibuxantas, cuxo título fai referencia ao aclamado I Salón de Dibujantas que tivo lugar no Lyceum Club Feminino en 1931, reúne nunha exposición as obras das principais ilustradoras que traballaron para Blanco e Negro e ABC desde 1891 ata finais dos anos noventa do século XX.
    Máis información en https://museo.abc.es/exposiciones/2019/09/en-pontevedra-dibujantas/1014309

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois si MJ, cando todo esto remate temos que facer esa visita.

      Eliminar
  2. Moi moi interesante! Descoñecía quen era esta artista, moitas grazas!!

    ResponderEliminar
  3. Teño unha pequena colección de obras de Lewis Carrol, sobretodo libros de Alicia no país das Maravillas pois foi o meu libro preferido de pequena. E buscando atopei unha edición ilustrada por Anglada. Foi publicada por Editorial Juventud , S.A. En Barcelona en 1927. Eu teño a reedición de 1952, pero non aparece por ningures a autoría das ilustracións. Eu son moi fan de Tenniel, pero as de Anglada son moi bonitas e encantame as capitulares de cada capítulo. Gracias María Jesús, por dar conocer a esta artista.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois grazas, sería unha maravilla poder ver esa colección tua de Carrol e por suposto a reedición da Alicia de Anglada de 1952. Un saudo

      Eliminar
  4. Oh! Disculpa que me confundira coa autoría do post. Atopo moitos temas interesantes no blog da Escola e cando me atrevo comento e lieime un pouco. Cando sexa tempo de voltar á escola estaría encantada de amosarche os meus libros de Carrol. Espero que este confinamento acabe pronto. Saúdos é ánimo.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!