Alexander Calder
Composición, liña e movemento
Composición, liña e movemento
Alexander Calder foi un escultor estadounidense nado en Philadelfia (1898-1976),
precursor da escultura cinética.
Estudiou inxeniería, en 1926 trasladouse a Paris, alí tivo contacto con distintos artistas entre eles Miró quen o inspirou para construir figuras de animais e plantas con arame de aceiro, como liñas construídas no aire, que expón no Salón de Indépendants de Nova Iorque en 1928, situándose como un dos artistas mais innovadores da época.
Estes traballos con fío son moi interesantes e un bo exercicio para comezar a afacerse ao volumen e ao traballo cós alicates e co metal, e que podemos aproveitar para o noso aprendizaxe.
Esta peza chamada " A familia do león" de 1929 pertence ao seu circo de arame en miniatura.
En 1931 Calder visita o estudio de Mondrian do que adopta a serenidade da cor, tamén únese ao grupo Abstraction-Creaction, e a partires de ahí comeza a realizar esculturas mecánicas en suspensión que Marcel Duchamp denominou "Móbiles".
No ano 36 participa na exposición "Cubismo e arte abstracto" no MOMA, o que lle aporta gran fama en Estados Unidos.
Podemos decir que Calder é un escultor de metal que podemos situar ao principio do movimiento cinético, pois a coreografía das súas esculturas pertence a un arte cambiante e en movemento.
O fío conductor destas obras é a mutabilidade e a mobilidade que dota de poesía creando o sua propia linguaxe formal, combinando a abstración xeométrica con un tono lúdico de movemento e curvas orgánicas.
A principal contribución de Calder á escultura foi o móbil, construíndo formas "arboladas" con finos arames de aceiro dos que penduran pezas máis pesadas e lentas, que compensan, equilibran e favorecen o movemento da composición co sopro do aire.
Tamén realizou esculturas estables chamadas "Stabiles" por James Arp, son pezas diametralmente opostas aos móviles, son estáticas, e elévanse como colosos, formas biomórficas creadas con un xogo de planos y de unha soa cor, fruto da súa época de madurez.
Ademais de esta parte máis escultórica, Calder tamén diseñou e creou mais de 2000 pezas de ourivaría, sobre todo traballando con arame de latón, e sen necesidade de soldadura.
Exemplo de que con moi pouco pódese facer moito.
Estos son algúns exemplos
A maior parte de estas pezas están feitas con fío, facendo uso dos alicates para dar forma e ensamblar. Algunhas como o seguinte colar presentan o fio forxado dando textura, afinando o metal, ou remachando en forma de pa para xerar as articulacións.
Nas catro pezas (pendentes, colar e broche) a seguir observamos que aplica a mesma linguaxe que nas esculturas pero empregando as espirais ou o forxado e lonxitude do metal como motivo decorativo e de compensación.
A continuación aparece unha peineta feita con fío forxado empregando o remache como sistema de unión, está peza é unha das miñas favoritas pola súa sinxeleza de liñas pero a vez con moita forza.
Un orixinal broche
Na súa obra prima a sinxeleza, o equilibrio e a pureza das formas
Espero que vos guste e vos inspire!!!
Bó fin de semana ;D
Moi, moi interesante! Cada xoia de Calder era única nunca pois rexeitou facer reproducións das súas pezas.
ResponderEliminarGrazas polo comentario MJ, certamente, e moitas desas pezas foron regalos que facía aos seus amigos. ;DD
ResponderEliminar