Como sabedes unha das premisas que seguimos no noso obradoiro é o coñecemento e aplicación das técnicas tradicionais do noso oficio, pero nos encanta xogar co coiro e facer experimentos. Este que vos presentamos é un dos últimos que fixemos e a verdade é que pode dar moito xogo.
A técnica do moldeado non é nada novo, emprégase dende hai séculos para construir pezas en coiro e tamén para decorar. Este novo método que estamos a probar resulta máis doado, xa que o proceso de estirado da pel e adaptación nono realizamos nós, senón que o fai unha máquina aínda que a nosa man vai ser imprescindible.
Recoñezo que este días vai ser un pouco complexo realizar este proceso como o fixemos nós, xa que os nosos amigos dos supermercados están bastante atarefados facendo o noso confinamento mellor e traballando a un ritmo moi duro para que nós poidamos quedar na casa para frear ao bicho. Así que grazas e vai por eles, os que se están a esforzar por nós.
Tecnicamente podémoslle chamar Moldeado por Baleiro ou, como nos explicou o outro día o noso alumno Manuel, por despresión.
1- Comezamos buscando un molde que nos guste, debe ser ríxido e se non o é, como neste caso, podemos enchela de plastilina ou pasta de modelar; é necesario que o recheo quede ben presionado xa que no baleiro se pode deformar e perderiamos o acabado que percuramos.
Debemos axeitar o molde sobre unha base ríxida que resista á auga e recortar un anaco de coiro non moi groso e flexible (Badana, tenreira ou poltro) de tamaño un pouco máis grande co tamaño da base e tendo en conta o grosor do molde. Enchouparemos o Coiro e rachareémoslle un chisco a fibra estirándoo e enrugándoo, rachándolle o pranchado.
Un pequeno consello que axuda a desengraxar o coiro é que cando o mollemos lle botemos un pouco de Fairy, Mistol ou similar. KH7 nunca, dou fe.
2- Chega o momento de achegarnos ao supermercado ou chacinería e que o noso superheroe introduza o molde no seu soporte cuberto polo coiro mollado nunha bolsa de baleiro coma as que se empregan para envasar os embutidos, de aí o nome que lle damos coma o Moldeado Charcutero. As nosas probas foron realizadas a -0.98 bares xa que Manuel nos explicou que o máximo que se pode conseguir en despresión é de -0´99 bares. Aquí podedes ver o resultado dunha proba dunhas flores repuxadas. Cómpre que o manteñades no baleiro durante 24 horas para que o coiro se axeite de todo ao molde.
3- Abrimos a bolsa, extraemos o molde co coiro e deixámolo secar un pouco ou de todo, ou ao ar ou cun deshumidificador, pero nunca con calor, xa que endurecería o coiro demasiado.
4- Unha vez seco aconsellamos sacar o coiro do molde e se ten detalles sacarlle unha foto, xa que despois non debemos sacalo do molde ata que o rematemos porque podemos perder algunha das formas.
5-Humedecemos un pouco o Coiro pola carne e tamén pola flor; colocamos o coiro sobre o molde e comezamos o proceso de axuste e retoque dos detalles; podemos humedecer o coiro varias veces, pero nunca en exceso. Se che fai falla móllao moitas veces, pero mellor moitas veces pouco cá unha demasiado.
6- Unha vez realizados os detalles e acadado o nivel de detalle desexado só queda aplicar algún tipo de endurecedor pola carne coma se de un repuxado se tratase e unha vez seco de todo darlle cor se queredes e un acabado protector. Neste caso démoslle varias mans de laca acuosa Tarragó.
Podedes empregar tamén outro tipo de moldes, que teñades por casa como por exemplo esta cuncha que tiñamos na clase.
E agora plantéxovos un reto: ¿quén ousa experimentar con eito na casa e mandarnos os resultados? Pista: ¿Tedes na casa unha bolsa das que se empregan para gardar roupa nos armarios e que para que non ocupen espacio teñen unha válvula para extraer o aire? ¿Tedes unha aspiradora? ¿Un bombín dos que se empregan para inflar as colchonetas de praia?
Espero moitas fotos.
MOITO COIRO
Moi interesante, Pepe!!!
ResponderEliminarCurioso e entretenido proceso para facer na casa. Que se animen os alumnos seguro que saen cousas moi interesantes.
ResponderEliminarGracias Chicas
ResponderEliminar