No grupo de Básico estábamos a traballar as técnicas de estampación en relevo de Xilografía e linóleo. A temática elexida polo alumnado este ano para facer as estampas foi "O espazo". Podedes ir traballando a imaxe na casa e aínda que quedamos en facela a unha tinta podemos complicar a cousa un pouco máis para facela a varias tintas.
Deixo enlaces do noso blog de aula de cando o artista Marc Taeger fixo unha clase teórica sobre o linograbado na aula de Debuxo e despois unha demostración práctica na aula de Serigrafía Artística: http://serigrafiaemao.blogspot.com/2013/12/marc-taeger.html así como imaxes do proceso de elaboración do libro ilustrado por Marc Taeger para Kalandraka en colaboración cos obradoiros de debuxo e serigrafía artística da EMAO: http://serigrafiaemao.blogspot.com/2014/01/proceso-elefante-un-guisante.html
Preme aquí para ver o resultado do libro feito por Marc Taeger para Kalandraka
Consulta aquí a inspiradora páxina de Marc
Xilografía según tradición xaponesa ( recordade os exemplos que vimos na clase):
Como non temos tórculo na casa podemos facelo con barén ou co método da culler, animádevos a compartir os vosos traballos!. Podedes enviar as vosas fotos aquí, aos grupos de traballo de wasap que temos ou a este mail: serigrafiaemao@gmail.com
Xa recibindo propostas do alumnado polo wasap (sodes xeniais). Sandra propón traballar o tema do espazo mediante a falta do espazo actual.
ResponderEliminarExemplo de que con técnicas básicas pode facerse un traballo moi profesional!!
ResponderEliminar