A Biblioteca do Patrimonio da Biodiversidade ou Biodiversity Heritage Library (BHL), é a biblioteca dixital que se dedica á preservación de imaxes e documentos
relacionados coa botánica, a vida silvestre e a biodiversidade máis grande do mundo. Recentemente acaba de
publicar unha enorme librería de imaxes a través da súa conta de
Flickr.
As imaxes inclúen debuxos de animais, diagramas históricos, litografías, ilustracións, acuarelas, etc., extraídos de miles de publicacións científicas.
BHL foi fundada no 2006 por un consorcio de bibliotecas de historia natural, e no 2007 lanzaron o sitio web. A súa base de datos actual recolle máis de 200.000 documentos e 150.000 ilustracións e información sobre máis de 150 millóns de especies, por iso é considerado como o arquivo dixital de acceso aberto máis grande do mundo dedicado á vida na Terra.

O arquivo completo de imaxes excede os 200 terabytes.
Podes navegar a través de toda a biblioteca desde o buscador da web, ou
de forma máis sinxela, podes mirar os diferentes álbums en Flickr cos
súas máis de 159.000 fotos.
Recoméndovos a visita a este espectacular arquivo de imaxes científicas históricas de botánica e zooloxía. Toda unha fonte de inspiración...
Recoméndovos a visita a este espectacular arquivo de imaxes científicas históricas de botánica e zooloxía. Toda unha fonte de inspiración...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!