O outro día, buscando entre a miña colección de libros e álbumes de banda, que por certo teño moi desordenada, atopei dous exemplares fantásticos que non recordaba que tiña e que me regalara unha amiga . Estes exemplares son dous contos escritos e ilustrados por Salvador Bartolozzi, un editado na famosa Editorial Calleja e o outro en Estampa . O primeiro é un exemplar de Pinocho-Chapete (Ed. Calleja) edición de 1923 pero reeditada no ano1961 por Gahe, e o outro son as aventuras de Pipo y Pipa (Ed. Estampa), e ainda que non ten data de edición trátase dun exemplar anterior a 1938, que foi cando pechou esta editorial.
A entrada que nos ocupa é para o autor e ilustrador destas xoias, Salvador Bartolozzi, nacido en Madrid en 1882, formado en San Fernando e en París, traballará, entre outras publicacións, para " La ilustración Española y Americana" e desde principios do século XX para a Ed. Calleja da que foi director artístico, ilustrando contos clásicos e adaptando desde 1925 o Pinocho de Carlo Collodi. Este Pinocho terá a súa propia revista e será o personaxe infantil máis popular dos anos 20 en España.
Ilustración do libro atopado de Pinocho
En 1925 Bartolozzi comenza a publicar e ilustrar tamén os famosos contos de Antonio Robles Soler especializado en literatura infantil. Estes contos están cargados de humor surrealista e xogos de palabras
Contos de Antonio Robles
Pipo y Pipa serán otros dos personaxes do mundo creativo de Bartolozzi dos que deixo estas imaxes que teñen case cen anos e foron pioneiras da ilustración de libros en unha época de vangarda da que se alimenta estéticamente. Fermosas lustracións pensadas para eses pequenos seres inteleixentes e creativos que son os nenos.
Ilustración do libro atopado de Pipo y Pipa
Nos anos 30 adaptará os seus personaxes o mundo do teatro de guiñoles, cos que acada un gran éxito de público e crítica. A guerra supón o exilio, primeiro a Francia e posteriormente a México onde segue traballando como escritor e ilustrador. Falece no ano 1950 sen poder regresar a España. O seu amigo e colaborador Antonio Robles, exiliado tamén en Mexico, regresará a España no ano 1972.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!