luns, 30 de marzo de 2020

Taller Idem Paris [SERIGRAFÍA]


Na clase falamos das diferentes técnicas de impresión (en oco, relevo, planográficas, de tamiz...). A litografía é unha técnica planográfica. Hoxe invítovos a dar unha volta polo taller litográfico Idem Paris e a coñecer a obra gráfica de David Lynch.


























Coñecemos a David Lynch sobretodo polas súas películas, música, fotos... hoxe imos falar da súa faceta como grabador. En realidade, esta faceta máis descoñecida é a súa primeira cara. «Lynch empezou primeiro a debuxar, despois fotografou e logo chegou a dar movemento ás súas teas co cine», recordou Antonella Montinaro, comisaria da exposición 'Action Reaction, o universo creativo de David Lynch'. http://unomagazine.wordpress.com/2010/06/18/david-lynch-litografias/

" Ao longo da súa carreira o director e realizador, nunca deixou de pintar, debuxar e fotografar. As súas exploracións artísticas leváronlle, incluso , á composición musical e a creación sonora.
O realizador e director descubriu a súa paixón pola litografía no obradoiro de impresión Item, en París, traballando nas mesmas prensas nas que Picasso ou Matisse traballaron no seu día. (...) para él " o negro ten profundidade. A cor é demasiado real, impídeche soñar. Por iso, canta máis cantidade de negro haxa nunha cor, máis onírico vólvese."
Revista Grabado y Edición.

Se queredes consultar o catálogo de Item editions coas obras de David Lynch deixovos aquí a dirección.


Imaxes da revista Gravado y Edición número38

















Deixo aquí un interesante corto documental de 8 minutos sobre litografía feito por David Lynch en Idem París. ¡Que o disfrutedes!

Master printers:
Christian Charpin
Khindelvert Em
Patrick Pramil
Phaythoune Soukaloun

Edited by Noriko Miyakawa
Mixed by Dean Hurley
Copyright David Lynch 2012


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!