Merçi mestre Uderzo
mércores, 25 de marzo de 2020
Merçi mestre Uderzo [DEBUXO]
Onte, o debuxante, guionista e editor francés Albert Uderzo morreu á idade de 92 anos. Fixera parella artística co guionista René Goscinny deixando personaxes como Benjamin et Benjamine e os mellores e icónicos albumes de Astérix e Obélix. "Astérix o galo" apareceu por primeira vez na revista Pilote en 1959, da que Goscinny foi cofundador. Continuaron dando vida ás mellores aventuras dos personaxes da aldea gala traballando como parella de debuxante e guionista ata a morte de Goscinny en 1977. Uderzo seguiu coa saga tamén como guionista pero infantilizou os personaxes convertendo a estes galos nunha máquina de facer cartos que só en España ten vendido máis de 24 millóns de exemplares. En 2019 publicouse o último título da saga "A filla de Vercingetórix" pero xa como debuxante Didier Conrad e como guionista Jean-Yves Ferri.
Merçi mestre Uderzo
Merçi mestre Uderzo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Unha verdadeira mágoa. Irrepetible Uderzo
ResponderEliminar