martes, 17 de marzo de 2020

Algúns Recursos Informativos para Estes Días de Confinamento [BIBLIOTECA]

A declaración do estado de alarma obriga a todos os cidadáns que residen en España, teñan ou non síntomas, a permanecer nos seus domicilios durante polo menos 15 días, esta situación non desexada por ninguén tamén pode ser unha ocasión para facer esas tarefas para as que case nunca temos tempo.
Podemos aproveitar para navegar polas redes e mergullar a fondo nalgunhas simas repletas de información moi interesante sobre moitos temas. A Biblioteca Dixital Mundial e a base de datos Google Arts & Culture son dous recursos informativos nos que perderse moito máis alá do que ha de durar esta crise sanitaria.


Desde a Biblioteca Dixital Mundial pódese acceder, de maneira gratuíta e en formato multilingüe, a unha selección de obras de todos os continentes, consideradas fundamentais e representativas da cultura de cada país.


Google Arts & Culture (anteriormente Google Art Project) é un sitio web que presenta unha recompilación de imaxes en alta resolución de obras de arte expostas en varios museos do mundo, así como un percorrido virtual polas galerías nas que se atopan. O proxecto foi posto en servizo por Google o 1 de febreiro de 2011 con 1061 obras de dezasete museos, entre os que se atopan o Tate Britain de Londres, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York, e a Galería Uffizi de Florencia.  Na actualidade en Google Arts & Culture concéntranse as obras dun total de máis de 1700 museos, galerías e institucións de 80 países, polo que é a máxima base de datos artísticas virtual da actualidade.

4 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!