martes, 31 de marzo de 2020

Lee Kang- hyo. Onggi master [CERÁMICA]


A orixe da cerámica coreana  Onggi está datada entre o 4000 e o 5000 a. c. Realizada en arxila  ferruginosa e cocida a mais de 1100º c, os contedores de variados tamaños segundo os seus usos, non eran vidriadas no seu interior para facilitar a fermentación de certos alimentos como soia, fabas, arroz ou pasta, tan apreciados na cociña coreana.
Lee Kang- hyo, nacido en  Seúl en 1961, está considerado como un dos mellores ceramistas coreanos que traballan hoxe en día. Expuxo en todo o mundo e a súa obra está representada en numerosas coleccións públicas e privadas importantes, como o V & A, Museo Británico de Londres, o Museo de Belas Artes de  Boston, o Instituto de Arte de Chicago e o Museo Internacional de Cerámica, Italia.
O traballo de Lee ten as súas raíces nas tradicións da cerámica onggi coreana e a decoración  Bun- Cheong. Lee  Kang- hyo é coñecido por ser o primeiro ceramista coreano moderno que uniu estas dúas tradicións. A principios de 2014  Goldmark enviou a Corea do Sur, un equipo de filmación para documentar o traballo de Lee Kang- hyo, no seu estudo e tiveron a sorte de capturar algunhas imaxes de Lee construíndo as súas pezas monumentais e a súa famosa decoración « performance», con música do tradicional tambor coreano.








3 comentarios:

  1. Muy interesante, muy hermoso muy inspirador!

    ResponderEliminar
  2. unha filosofía de vida tranquila que non ten nada que ver co noso stress occidental... Meditación, taichi, e un baile de vez en cando. Gostei especialmente do momento 'performance' coa musica de tambores coreanos e a decoración Bun-Cheong... Por certo, que esta disponible en pdf o libro 'Korean Buncheong Ceramics' de Leeum, Samsung Museum of Art, publicado para acompañar a exhibición 'Poetry in Clay' de Ner York e San Francisco... enjoy!

    https://www.metmuseum.org/art/metpublications/Korean_Buncheong_Ceramics_from_Leeum_Samsung_Museum_of_Art#related_titles

    ResponderEliminar
  3. Que momentazo o Happening que se monta para botar os pigmentos!! Todo un ritual chamánico contemporaneo! unha pasada!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!