Hoxe presentamos a que, posiblemente, sexa a gaita mais completa que existe. De sopro mecánico (barquín), ten un punteiro totalmente cilíndrico que pode ter dende varias chaves a ningunha, dependendo da configuración. Consta de tres roncos (tenor, barítono e baixo) e tres reguladores (tenor, barítono e baixo) que posúes chaves coas que se fan acordes pulsando coa parte baixa da man dereita mentras ó mesmo tempo dixítase no punteiro.
Como se pode imaxinar, é un istrumento de moita complexidade técnica para a súa interpretación e que precisa de moito tempo de prácticas para chegar a unha boa execución.
En 2017 esta gaita foi declarada Patrimonio inmaterial da humanidade.
https://ich.unesco.org/es/noticias/treinta-y-tres-elementos-inscritos-en-la-lista-representativa-del-patrimonio-cultural-inmaterial-de-la-humanidad-00270
Blog sobre música irlandesa en castelán. https://theirishflow.com/
Como curiosidade nestes dous videos que vos deixo os gaiteiros son os dous zurdos
Neste video vemos a Davy Spillane un dos evolucionadores da Uillean Pipe
Michael McGoldrick
Liam O´Flinn
o grande maestro da Uillen Pipe
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!