mércores, 25 de marzo de 2020

Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico: a Colección de Moda, Costura e Historia do Traxe [BIBLIOTECA]


Esta información pode ser de especial interese para o noso alumnado de Moda e Confección e Deseño e Encaixe de palillos

A Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico conta entre os seus fondos cunha valiosa colección de moda, costura e historia do traxe. Ao tratarse dunha colección especializada atoparemos moitas obras en español, francés, alemán, italiano, inglés e unhas poucas noutros idiomas, como o sueco ou o xaponés.

A temática da colección é moi variada, xunto a un extenso fondo de moda (sobre todo francesa e feminina) dos séculos XVIII, XIX e principios do XX, conviven obras valiosísimas de historia do traxe, libros e láminas dedicadas ás vestiduras tradicionais españolas e doutros lugares, ou a disfraces, traxes relixiosos, uniformes militares e vestiarios teatrais, tratados ou ilustracións de costura, corte, confección, bordados, tecidos, teares, tapices ou labores de agulla, etc.

O groso da colección pertence á Biblioteca do Museo do Traxe, aínda que a La Fundación para la Etnografía y el Desarrollo de la Artesanía Canaria (FEDAC), o Centro Documental e Museo Téxtil de Tarrasa, o Museo Nacional de Artes Decorativas e a Biblioteca Rexional de Murcia realizan tamén achegas considerables. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!