Nestas póximas entradas no blog faremos un percorrido por algunhas das escultoras que o longo da súa traxectoria opuparon un espazo nun mundo de homes. Artistas que dende o silencio dos seus obradoiros facían un esforzo moito maior para alcanzar a visivilidade nun mundo mediatizado polo talento do xénero masculino, no que ser muller-artista-escultora era toda unha osadía, de feito moitas desas osadas creceron na súa carreira profesional sempre á sombra dalgún artista da súa época.
Sabine Von Steinbach (século XIII)
Sabine Von Steinbach podería ser unha das primeras maestras escultoras coñecidas da historia.
Na catedral de Estrasburgo, frente á porta do cruceiro e frente á estatua do mestre constructor Erwin von Steinbach (1244 -1318), responsable da construcción do pórtico sur da catedral, atópase a escultura dunha muller da que expertos aseguran é a representación da súa filla, Sabine von Steinbach.
Sabine von Steinbach, Moritz von Schwid 1844
Sabine se formou no taller do seu pai como pintora e escultora e algunhas das estatuas da catedral de Estrasburgo, a catedral de Magdeburgo e a de Notre Dame de París atribuíronse á súa arte e talento co cincel.
Tanto seu pai coma ela e os seus dous irmans formaron parte do gremio de canteiros de Estrasburgo e foron membros da loxia masónica, cando a masonería era mixta e se dedicaba á construcción das grandes catedrais europeas.
Hai moi pouca documentación na que se haga referencia a Sabine, aparece nomeada por primeira vez nunha descripción do escritor Schadeus en 1617.
Da catedral de Estrasburgo se lle atribúen as esculturas da Igresia e a Sinagoga, situadas no pórtico sur e dispostas unha a cada lado da estatua do rei Salomón.
As inscripcións que certifican a súa autoría desapareceron posiblemente durante a Revolución Francesa; so queda rexistro da súa firma nunha estatua de San Xoan Evanxelista; alí hai un pergamino que di en latín:
"gracias a devoción desta muller valente, Sabine, que deume forma nesta pedra dura"
Polo que Sabine firma a súa obra nunha época na que o anonimato era doblemente duro cas mulleres.
Sabine von Steinbach casaríase con Bernard de Sünder, tamén constructor, co que traballou na catedral de Magdeburgo. Anos despois sitúase a Sabine en París donde viviría como o resto dos masons da época, nos poblados que construían nas inmediacións das catedrais en construcción. Alí esculpiu algunas das estatuas de Notre-Dame coma a da xoven de longo pelo que sostén as fermentas propias do oficio da escultura, crese que é un autorretrato.
A historia de Sabine foi premeditadamente silenciada polo fran-masón Albert Gallatin Mackey na súa enciclopedia do século XIX.
Fontes de documentación:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!