Fundesarte é dende 1981 a organización de referencia na promoción e o desenvolvemento das empresas artesás españolas. É unha prioridade dos seus programas potenciar, poñer en valor e comunicar a calidade do producto artesás e a sostibilidade dos seus procesos de elaboración.
Actualmente Fundesarte forma parte da Fundación EOI (Escuela de Organización Industrial), entidade vencellada ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR) do Goberno de España.
Nesta página da EOI recóllese información que pode resultar de axuda para a persoa que se adique á artesanía ou decida emprender no sector artesán. A información que se facilita é sobre os seguintes temas:
Ccomo crear a túa empresa. Primeiros pasos
Como comunicar
Como participar en feiras
Como exportar
Como crear unha asociación
En Galicia existe a Fundación Artesanía de Galicia, dependente da Consellería de Economía. Emprego e Industria.
A Fundación Pública Artesanía de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que depende da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Entre os seus cometidos primordiais atópase o desenvolvemento de liñas de investigación destinadas a especializar e perfeccionar técnicas de elaboración que permitan mellorar a calidade dos produtos artesanais ademais de optimizar o proceso produtivo xa que se entende que a innovación, o deseño e a calidade son as bases coas que conta a artesanía para sobrevivir.
O principal fin da Fundación, creada no ano 2003, é dotar o sector artesanal dunha infraestructura especializada para que poida desenvolver programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!